leoeosseus

luns, 9 de febreiro de 2015

Terra de debuxos, terra real


O sábado tocou visitar a terra dos debuxos animados coas personaxes de Bob Esponxa pisando un areal totalmente humanizado con todas as comodidades posibles.
O domingo xa mudou o conto que fomos na busca dun monte no medio do bosque de Portafás e foi pasar calor, mollar pés, rabuñar mans con toxos ( hoxe teño unha man inchada ) e perdernos por diferenzas de coordenadas.
En fin, a vida é unha aventura.
A foto de abaixo é no sitio máis bucólico de Portafás.


Etiquetas: , ,

2 comentarios:

Ás 13:02, 11/02/15 , Blogger Raposo dixo...

Nesta vida hai que facer algo de todo. A foto é ben bonita.

 
Ás 10:13, 12/02/15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

O domingo fixo sol tamén na Coruña, pero tanto coma para pasar calor... :/ viña unha brisa do mar que che termaba do abrigo!

Gústame moito ver todas as actividades que fas cos nenos, vós quedades pouco na casa.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio