leoeosseus

luns, 9 de marzo de 2015

Zeta de Curro Jiménez


O futuro é dos nenos e Leo exerce de ensinante con Xela. Na foto está Xela hoxe mesmo repetindo palabras co son " z " que é complicado para os nenos pequenos e para os estranxeiros. A min sóame ben tal como o di Xela pero Leo é un perfeccionista e non está conforme.
O que dicía: o futuro é deles e o pasado doutros. Mirando un vídeo de Carlos Velo de Galicia do ano 36 lembrei cando fun de extra ( con dous autobuses cheos de xente de Vilaguindastre e vendedores ambulantes ) alá polos oitetantos na película Gallego de Sancho Gracia. Faciamos de refuxiados da guerra civil en Francia e no segundo número seis podo recoñecerme á dereita de todo da imaxe na ringleira coas mans nos petos. Atrás miña viñan dous grandes amigos.
Que tempos !.
P.D: Engado o vídeo dunha Escuela Nacional de Friol alá por finais dos setenta. Igualiña á que fun eu anque eu non era do rural, senón dun barrio obreiro.
Este vídeo buscábao Tartaruga e topou cunha amiga que llo recuperou.
Aí queda para que non se volve perder.

Etiquetas: , ,

3 comentarios:

Ás 11:30, 10/03/15 , Blogger Tartaruga dixo...

Oh! Pero menuda xoia de documental! Vinte de extra! Que gracia!

Eu teño pesar por non atopar un documental sobre a escola non sei se de antes ou da posguerra, no que os mestres falaban do grandísimo "problema de bilingüismo" que tiñan os nenos. Non conseguín volver chegar a el por ningunha vía, a ver se ti tiveras máis sorte e o atoparas.

 
Ás 18:05, 11/03/15 , Blogger Raposo dixo...

Tamén fixeche de extra. Vaia, vaia!!

 
Ás 13:46, 15/04/15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Non sei que pasa que "o servidor proxy recházame as conexións"... quedo sen ver o video, pero sobre todo quería verte a ti jeje.
Inda que, coa miña mala memoria, pero xuraría que eu esa foto xa a vín. Quizá noutro post de hai tempo?

volverei! grrrrr

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio