leoeosseus

sábado, 26 de novembro de 2016

Prenadalizando


Cada ano que pasa seméllame que se adiantan os acontecementos e así un veciño pendura un adorno de Nadal no día de San Martiño para abraio de Xela que pregunta por que hai adornos de Nadal se aínda non é tempo del.
E o que non se adianta cópiase e agora tamén hai Black Friday para remedar aos todopoderosos norteamericanos. Que non che extrañe que calquera ano destes empecemos a celebrar o día de Acción de Gracias comendo pirú e festexando por exemplo que os celtas se xuntaron cos íberos nese invento de pobo celtíbero.
Con todo os días pasan e aprendo dúas frases novas para min. " Teis un peito coma unha lareira " que me dixo un compañeiro por ser capaz eu de beber auga fría pola mañá; e " Eres difícil como varrer unha escaleira para arriba " que é unha boa comparanza que non precisa de explicación.
E o día de hoxe foi día de chuvia e frío, ideal para recollerse en casa e tomar chocolate quente e xogar na Wii onde Leo foi o gañador dos bólos. Foron bólos virtuais que aos reais non foi hoxe porque non foi convidado a un aniversario dun compañeiro. En fin, que se lle vai facer.

Etiquetas: , ,

3 comentarios:

Ás 23:06, 26/11/16 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Acontece o mesmo em Portugal, amigo. Uma autentica loucura com a Black Friday.
Não conhecia essas frases, mas por aqui hoje esteve um dia péssimo de chuva e frio intenso.
Um abraço e bom Domingo

 
Ás 16:06, 27/11/16 , Blogger Voz en off dixo...

Amoloulle ó Leíño que non o invitasen? Pero onde vai estar mellor que con papá? A min tamén me gustan esas frases😃

 
Ás 17:40, 27/11/16 , Anonymous Anónimo dixo...

A que andaría ese compañeiro cando esqueceu convidar o Leo, dende logo... era visto!
Menos mal que moitas veces os bolos virtuais son os mellores.
Saúdos.
X

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio