leoeosseus

luns, 12 de decembro de 2016

De volta na rede


Pois si. Foron días complicados coa lavadora estropeada e xa sustituida por unha nova. Botei tempo a escoller fotos para o calendario do 2017 e quedamos sen teléfono e interrede toda a fin de semana e por se fose pouco Xela estivo maliña con febres. Todo sumou para desconectar case totalmente esta semana pasada.
Pero todo acaba volvendo ao rego e xa temos interrede e Xela recuperouse e debuxou un mostro que cai na auga chea de peixes feituquiños e un can que cada vez que debuxa un máis se van semellando a cans reais.
Conto con volver á interrede esta semana e ir rematando a escolla de fotos.
E, de agasallo, outro debuxo de Xela.

Etiquetas: , ,

5 comentarios:

Ás 20:17, 12/12/16 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

E Xela, já está boa?. Deus queira que sim.
A máquinas de lavar fazem muita falta, mas a saúde é bem mais preocupante.
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 19:21, 13/12/16 , Anonymous peke dixo...

Que todo volva ao rego sempre. Alédome.

 
Ás 14:35, 25/12/16 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Bendita normalidade sempre.

Boas Festas do Nadal para todos vós. Apertas desde o berce do Ulla.

 
Ás 19:42, 25/12/16 , Anonymous Anónimo dixo...

Moi feliz nadal a vde e os seus. E que a tranquilidade lles reine sempre

 
Ás 12:50, 30/12/16 , Blogger Paz Zeltia dixo...

uich! ese debuxo é para gardar para a posteridade!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio