Incendio en Arbo
Esta fin de semana foi de visitas e fumes. Fomos ata o verdadeiro Acedre a visitar os avós e constatar o devalo da aldea. Tamén estivemos polo Morrazo con amigos e novas xeracións e respirando fume e limpando do corpo as muxicas que inzaban como feila rebelde.
O domingo á noite chamou a nai de Ana que ardeu en Arbo todo o monte arredor da casa e os avós tiveron que ir durmir a outra casa que non respiraban. Onte luns fomos alá e á tarde reproduciuse o lume e tiven que estar cos veciños e os bombeiros de Melgaco controlando o lume que arrodeaba unha casa veciña. Pasou un helicóptero ( gholicótero dixo un veciño) pero botou auga noutro incendio máis alonxado.
Arde Galicia e arde todo. E seguirá ardendo mentres non cambie a política forestal e a mentalidade da xente. O monte ten muitos inimigos.
9 comentarios:
Benvidos de novo por estes lares!!!
Nós seguimos en Coroso e é terríbel todo o que algúns lle estásn dando de comer ao lume. Moi triste.
A ver se cando te instales entre nós, Leo, vai callando máis o sentidiño. Vas ter que arrimar o ombro como o que máis!
Beixiños
benvido á blogosfera!
nestres intres non podo saír da casa porque estamos rodeados, non se respira, cortaron o tráfico a poucos metros da miña casa, o lume esta moi preto da gasolineira e as chamas cercan a mítica discoteca para os vellos "la luna"...
graciñas pola túa mensaxe no meu blog. ti é os demais dechedesme moitos ánimos! gracias!
"o monte ten muitos inimigos". Tes toda a razón. E tamén moitos intereses...
por aquí, no morrazo tampouco se respira. os incendios en poio están a ser terribles. xa non queda monte por arder...
Non entendo unha terra que se afoga nas súas propias lapas e destrue a súa riqueza. Dame mágoa que esa terra sexa a miña.
Unha aperta.
Moita sorte, para leo e mais os seus na súa loita pola vida e contra o lume :-)
Xa o dixen en máis blogs
Asisto dende unha estupefacción absoluta a un feito que en máis dunha ocasión vivín de preto en Galicia, sinto unha profunda tristura e unha dor non exenta de rabia.
Todos coñecemos os diferentes intereses que hai en queimar o monte,para construir, para vender madeira, para montar parques eólicos, para facer novo pasto, por vinganzas persoais, etc, etc. E mentres non cambie o tipo de bosque e o emprego del non se lle dará nin valor nin se cuidará.
E non miro a solución ó problema en curto nin medio prazo.
neste ano 2009 seica houbo máis incendios ca o ano pasado, pero moitas mais hectáreas queimadas...
¡pois eu non vin tanto despliegue informativo coma outros anos!
¿será que é xogar a que o que non se ve na tele non ocurre?
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio