Santa Lucía

Hoxe foi Santa Lucía, santa avogosa da vista e patroa de varias profesións coma oculistas, modistas e canteiros entre outras profesións. E os canteiros que teñen que ver coa vista ?, preguntaredes. Pois ten unha resposta sinxela: cando se martela ou pica unha pedra saltan pedriñas e poden fastidiar un ollo.
E aparte de Santa Lucía hoxe está de aniversario o home da foto que mira para a cámara, a persoa á quen lle debo o meu amor pola lectura. E non hai mellor agasallo que un libro dun blogueiro amigo que seica vai deixar de escribir o seu blogo para o meu pesar e doutros. Évos cousas da vida.
Etiquetas: etnografia, familia, interrede, lecturas
4 comentarios:
Parabéns para el, e magoa que Veloso deixe o blogue...
Graciñas por todo, Paideleo. Unha aperta dende a fría mañá de Zamora.
Do que se entera un. Así que o rei de copas fecha o negocio.
Parabens para o teu "padriño literario" e tamén eu sinto moito que marche Veloso do blogomillo...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio