leoeosseus

domingo, 14 de xaneiro de 2007

O marretón e a disco Nasyra



O outro día chegou un novo " amigo " á empresa. É un marretón de oito quilos que se di pronto pero que rompe o lombo erguelo para bater nas cuñas e así fender os bloques de granito.

O xoves andei con el pero xa o apartei e seguín co martelón de antes de seis quilos que é máis levadeiro. A pesares diso hoxe aínda me doen as costas.

O que é o paso do tempo: hai anos podía co marretón de doce quilos e despóis aínda ía ás discos. E, falando de discos, a discoteca de Arbo para atraer clientela ata ten un conto de corte medieval cunha princesa que quere salvar o seu pai atrapado por un dragón ás ordes dun mago ruin coma a fame e ba, ba, ba. O que non din estes contos é o que tiñan que sufrir estes guerreiros para levantar espadas que andarían polos dez quilos !.

Etiquetas: , ,

13 comentarios:

Ás 14/01/07, 01:17 , Anonymous Anónimo dixo...

Senhor paideleo, você trabalha na pedra, coma o meu filho Suso.
Ele vai de restaurador, canteiro, e também nos obradoiros de marmolistas, e quando ganha uns quartinhos, retira-se uns meses a fazer esculturas.
Assim que acaba os quartos, volve ao trabalho por conta alheia.
Já tem algumhas esculturas, mas ainda tem de fazer mais para ter material que amosar.
Meu avõ também foi canteiro, de novo, e sabia o o latim dos canteiros.
Trabalhava numha quadrilha, com seu pai, seu irmão e outros. Fazião casas e cabaços e algúns ainda tão em pé, pola Terra de Soneira.

 
Ás 14/01/07, 04:17 , Blogger Paco Penas dixo...

E aínda che quedan ganas de contárnolo con certa chispa. Cousa que sempre agradeceremos.
A min non se me da por falar da minha profisión e mira ti que os "taberneiros", sabemos latín das artes argalleiras. Non estaría demáis un blog dun camareiro.
Saúde e terra.
Ah, xa podes entrar na páxina do noso amigo Pepe Penas de Dorvisou.

 
Ás 14/01/07, 04:21 , Blogger moucho branco dixo...

Que bonito home!, un conto épico medieval, como ten que ser... o segredo para levantar esas grandes epadas estba en escoitar as suficientes doses de música épica mara motivarse, :P

 
Ás 14/01/07, 13:18 , Blogger X dixo...

Despois de lle dar tanto ao brazo aínda non sei como lle quedan ganas de teclearnos. Saúdos a toda a familia.

 
Ás 14/01/07, 17:13 , Blogger Mario dixo...

Nun dos estaleiros de Ferrolterra, agora non sei en cal, seica conservan o mítico martelo de Grandal, un obreiro do XIX ao que mesmo lle adicaron unha novela (Francisco Suárez García, en castelán). Eu a novela nunca a lin, e tampouco puiden ver nunca o martelo pero as lendas transmitidas de boca a boca din que aínda hoxe non chegan dous homes para levantalo. Outra que se conta é que unha vez foi buscalo a guardia civil e atopouno co arado na leira fronte á súa casa. Os tipos preguntáronlle se sabía cal era a casa de Grandal e el levantou o arado cunha mao e sinalouna "a casa de Grandal é esa", despois petou co arado no peito e dixo "e Grandal son eu". Os guardas marcharon sen atreverse a detelo.

 
Ás 14/01/07, 19:16 , Blogger Lúa dixo...

digo, digo...coma o farían???
por certo feliz aninovo e coma segue Leo????
bikos!!!

 
Ás 14/01/07, 20:47 , Anonymous Anónimo dixo...

Imaxino que lle metaras o body bencina de alto octanaxe para poder manexar semellantes artiluxios.Saùde e forza
Unha aperta.

 
Ás 14/01/07, 21:45 , Blogger *Sara dixo...

A min xa me doe o lombo só de pensalo...
Apertas e ánimo

 
Ás 14/01/07, 22:15 , Blogger Suso Lista dixo...

Aquí o artiluxio ese chamamoslle mandarria. En Estambul, vin espadas das cruzadas que debían pesar polo menos 100kilos e de mais de tres metros de longas. Sería `pra asustar aos Turcos, pensando como sería o dono da espada.

 
Ás 15/01/07, 08:22 , Blogger Torreira dixo...

Este Suso (ja,ja)...Paideleo anda con coidado que as lumbociatalxias non entenden de martelos e aparecen co paso dos anos sen decir esta boca e miña.

 
Ás 15/01/07, 11:07 , Anonymous Anónimo dixo...

Veña! andade de gym todos a facer pesas, que parece que non andades en forma!! menudos homes!! palillos esmirriados!!!
(é broma)
as mulleres de agora buscamos coco e corazón, non músculo e fibra.
Unha aperta de Moralla *

* Por certo Paideleo, "A noiva cadavre" é boísima, eu rin moito, ten detalles pequenos de humor negro e está pragada de imaxinación e orixinalidade gótica.

 
Ás 16/01/07, 22:02 , Blogger paideleo dixo...

Aínda hoxe dóeme o lombo. Levo o cinto de traballo que axuda bastante e tomo medicación.
Está visto que non son o Grandal que nos descubre Mario e que non podo traballar e deixar de traballar cando queira coma o fillo de Rifenha.
En fin, graciñas a todos polos comentarios. Tomarei bencina para luitar coas mandarrias e non cansar os dedos para escribir sobre contos épicos e demáis asuntos de coco e corazón.

 
Ás 28/01/07, 00:04 , Blogger mamiago dixo...

Boas noites paideleo, son mamiago, (a nai de Iago, o sobriño de Cris e Toño, decátaste?)ummmmmm, vai ser mellor deixar esa ferramenta e usar outras coma a mente, se cadra tes poderes...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio