Alaghando o canastro
Onte o avoM levou un susto que volcou o tractor xusto á beira da casa de Arbo. El puido saltar a tempo e non lle pasou nada. O tractor está un pouco mal pero cunhas reparacións seguirá a súa vida útil.
Hoxe iamos de camiño a Arbo e a xente do campo recollía patacas, cortaba herba ou sulfataba viñas. Estes días son días de muito traballo nos campos. Nós non fixemos nada diso porque fomos tirar o canastro que sae na imaxe. Cando chegamos xa estaba feito anacos no chan que caiu cun par de golpes de marreta ben dados. O que si tocou facer foi carrexar os restos para fóra para facer un aparcadoiro na entrada. No sitio do canastro van colocar unha mesa para comidas familiares e van traer outro canastro que estaba abandonado noutra parroquia para colocalo nun espacio da horta.
Por outra banda, o Leo xa agataña e xa mercamos unha barreira para que non fuxa da sá de estar pola casa adiante. Agora toca vixialo ben e procurar que non toque a Colín que está mui sensible dunha pata e chía só con tocarlla.
4 comentarios:
Parece que o Leo é un perigo para Colin. A coidar dos dous, que bo traballiño ides ter.
O importante é que o avo este ben (que as veces os tractores sonche moi falsos).Aperta
O avó está ben e o Leo está sempre agarrado á barreira que quere saír atrás do Colín.
Haberá que ter paciencia.
Graciñas polos comentarios.
Haiche que ter moito coidado cos tractores, que últimamente están a producer algunhas desgrazas.
Saudos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio