Ata o ano, entruido

Este ano o rei do entruido foi Cuquín, digno contrincante de Mortadelo nisto dos disfraces.
Eu despedín hoxe o entruido comendo lacón con grelos de tapa con orellas de sobremesa. Iso e máis unha cervexa e un café no bar do Gran Botellón pagando 2.90 euros ( aínda non subiu os prezos ).
Etiquetas: curiosidades II, traballo I
5 comentarios:
A tradición fixo que hoxe ti e eu comésemos case o mesmo. Quítalle as orellas e ponlle filloas. E eu que non tomei cervexa. O demais todo igualiño.
Ata o entroido que vén, como dicía a copla:
Adeus Martes de Entroido,
adeus meu amiguiño,
ata o ano que vén
non comerei máis touciño.
Esaxeraba un pouco pero así o recolle o cancioneiro.
Un saúdo.
Prémio no Sexta-feira.
Um abraço
No me gusta o enterro da sardiña, e moi triste.
Jejeje e tan pouco o lacón con grelos.
O unico que me gusta son as filloas,ummmmmmmmm...coa a leite condensada...
Biquiños
Eu estiven en Xinzo pasando o entroido, e comemos e bebmos ben...
tamen nos disfrazamos claro, e tes razón había moito mortadelo.
Menudo personaxe!! Estiven vendo a súa web, miña nai querida!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio