leoeosseus

xoves, 3 de abril de 2008

Dominios



No traballo temos outro mecánico pero que se caracteriza polo dominio da palabra e así para dicir que ninguén é perfecto di: " o que non cae, esbara " e prodiga refráns no momento oportuno e así falando dun home coxo que é mala persoa soltou aquilo de: " de home coxo e can rabelo fíate coma do demo ".

Outro dominio que ten é o da navalla porque prona a fruita con mestría. Supoño que será unha destreza da xente con máis idade.

E de proba deixo a foto tirada en Acedre duns xugos e arados tallados a man por un velliño.

Etiquetas: , ,

4 comentarios:

Ás 03/04/08, 23:18 , Blogger oko dixo...

é a primeira vez que leo/escoito o verbo pronar, aínda que intúo o seu significado :D
gústame moito ir botarlle unha man ao traballo á miña nai precisamente porque aprendo moitos refráns e un montón de palabras. si, cousas da xente máis vella

 
Ás 04/04/08, 13:22 , Blogger Ana dixo...

Tan poco conocía ese provérbio.
Canto ao galego,Mer me prestó un libro en galego ( o neno do pixama a raias ),a ver si melloro el mío.
Me gustaría saber falar ben en galego.

Bicos

 
Ás 04/04/08, 19:34 , Blogger Suso Lista dixo...

Sempre aprendemos verbas, e vemos cousas que xa tíñamos esquecidas

 
Ás 06/04/08, 11:45 , Anonymous Anónimo dixo...

A navalla sempre estaba presente no peto dos nosos paisanos. Era unha farramento multiusos, práctica en canto a que tanto podías "pranar", na s terras do Deza dise pranar, unha mazán ou facer un chifro.
Saúde e terra.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio