leoeosseus

Tuesday, July 1, 2008

Fusilando

Cando digo fusilar refírome a facer fotos doutras fotos que isto é outra das vantaxes das cámaras dixitais.


As últimas fotos que fusilei son do libro " A illa de Ons, unha cultura, unha identidade " onde saen fotos da década dos 60 feitas por un sueco que estudou antropoloxía e, despóis de estar nas illas Faroe, pasou a vivir na illa Ons. A vida fixo das súas e o sueco rematou por namorar e casar cunha moza da illa. Bueno, supoño que aquí haberá unha historia ben fermosa de amor esperando por unha película pero eu non vou facela. O que si vou facer é deixar fotos fusiladas dese libro feitas por un sueco que quixo retratar unha xente e uns costumes diferentes.
















Labels: , , ,

15 Comments:

At 7/02/2008 1:42 PM, Blogger Frida dixo...

Gústame o concepto de fusilar fotos, é unha idea moi boa para conseguir imaxes que doutra maneira sería difícil.

Un saúdo.

 
At 7/02/2008 6:57 PM, Blogger d´Agolada dixo...

Si, eu tamén fusilo algunhas fotos de cando en cando. Apertas.

 
At 7/02/2008 10:52 PM, Blogger Suso Lista dixo...

Fíxate nos rostros das xentes, son a alegría pura.

 
At 7/02/2008 11:12 PM, Blogger Kaplan dixo...

son a inocencia pura: o grande acontecemento, saír nunha fotografía...!

 
At 7/02/2008 11:48 PM, Blogger L&M dixo...

o rosto da gente é fermoso mas as vacas som rijas como há tempo que nom se ve uma...

 
At 7/03/2008 12:18 AM, Blogger busto.agolada dixo...

Eu non coñecía este significado do verbo fusilar. Pero é moito máis fermoso ca o outro que lle coñezo. E ademais é unha actividade que practico con moitísma frecuencia.
O mundo ido da illa de Ons é unha lección de historia recente. E as fotos son un tesouro. A cara da moza que leva o saco na cabeza reflicte todo no seu xesto.
Moi interesante.
Unha aperta.

 
At 7/03/2008 1:17 AM, Blogger Nébeda dixo...

si, e agora a súa muller é un dos informantes máis importantes para os que buscamos saber un pouco máis da música tradicional. Pandereteira coma poucas.

 
At 7/03/2008 12:06 PM, Blogger Manuel Lôpez Rodrígues dixo...

fermosas fotos

 
At 7/03/2008 12:36 PM, Anonymous feiranta dixo...

o meu avó, Antonio "o Zabala" de Cangas traballou na illa máis de 15 anos coidando cabras e collendo toxo para as cortes. Como de pequeniño tivera a polio, non lle deixaran saír da illa para xogar con outros rapaces. Sempre me contou que pasara moita fame e moito frío, pero que botaba de menos o cheiro da illa. Eu, sendo de Cangas, nunca fun a Ons...

Unha aperta

 
At 7/03/2008 1:49 PM, Blogger Mer dixo...

encántanme as fotos antigas!!

fusilar fotos, non o escoitara nunca, tomo nota

un bico

 
At 7/03/2008 4:18 PM, Blogger Lúa dixo...

fermosas fotos, e fermosa illa, bicos

 
At 7/03/2008 5:51 PM, Blogger vermella dixo...

Encántanme as fotos,a última é a expresión da naturalidade e ledicia,como se chama o fotográfo?
saúdos.

 
At 7/04/2008 12:15 AM, Blogger Bota de Chaplin dixo...

Fermoso post cheo de fotos fusiladas que nos fusilan.

 
At 7/04/2008 10:22 AM, Blogger Cuspedepita dixo...

Preciosas fotos.
¿Estarían cargando herba ou toxos no carro?
A min, que son de terra adentro, faime moita gracia ver facer estes labores agrícolas á beiriña do mar.

 
At 7/09/2008 1:17 AM, Anonymous Zeltia dixo...

Conocí a Stephen Morlin el año pasado, mesa y mantel por medio. Un experto en embarcacións tradicionais galegas, coma a dorna. Un exemplo do que é atopar o que se quere facer na vida coma unha revelación.
A historia de amor de eses dous, ben valía a pena de facer unha película.

 

Post a Comment

<< Home