O maniscoto

Como se pode apreciar na foto o Leo non é só cocheno, zurdán, esquerdeiro e manecho; senón que tamén é maniscoto. Esta palabra aprendina en Arbo hai poucos días e aventurando a súa etimoloxía diría que vén do latín " cautivo da man ".
Como se pode apreciar na foto o Leo non é só cocheno, zurdán, esquerdeiro e manecho; senón que tamén é maniscoto. Esta palabra aprendina en Arbo hai poucos días e aventurando a súa etimoloxía diría que vén do latín " cautivo da man ".
13 comentarios:
E será que como estou de vacacións non vexo ben? E que non vexo a foto do Leo.
Pregúntome se ti ou a naideleo sodes tamén zurdos.
Vaia, agora sí que se cargou a foto.
!!!!! e pensar que fai nada era miudiño, miudiño!!!!
Pois o Breixo éche outro tanto. Alomenos para comer, colle sempre os cubertos coa esquerda, e tamén o lápis e as ceras para debuxar. Así e todo, dixéronme que ata que non teñen catro ou cinco anos non se definen definitivamente como destros ou esquerdeiros. A min, para que negalo, gústame que tire cara á esquerda...
Non te metas co Leo que mira qué contentiño anda facendo das súas polo campo adiante!!!!!! E cómo crece!!
como medrou coa primavera.
QUe grande está!!! o de ``cochecho´´ jaja, ben normal é a sua idade, se eu creo que aínda andiven así (cando ia polo monte) ata fai pouco :P!
Como medrou o Leíño dende a xuntanza.... a ver se segue así.
Un Saúdo
Nunca oíra esta palabra, pero esta moi ben, igual ma quedo para o meu vocabulario, o malo é que casi ninguén me vai enterder. Saúdos
Teño unha curmá de 3 anos que dende sempre fixo todo coa esquerda, e para nós que é xurda, pero a miña cuñada, que é mestra de infantil e moi estudiada no tema, contounos que ata os 4 anos non se sabe con certeza se o neno será zurdo. Para mín a nosa Carliña é zurda, e non necesito que pase un ano máis para darme conta, pero bueno, polo visto iso é o que din algúns expertos.
Unha aperta.
Izquerda o dereita que mais da,non?
O importante que crezca saniño e feliz!
Un bico
Eu nunca escoitara estas definicions, e chamame a atenciòn, ...
En andalucia era zurdo ou zocato. Meu hirman o era...
POr certo que LEo , come ben eh..? Canto medrou...
Bicos
Tranquilos, papás! na idade de Leo e de Breixo aínda a lateralidade non está definida. Normalmente tan pequeniños todos os nenos son ambidestros, o mesmo agarran as cousas cunha man, coa outra, ou coas dúas.
Agora que leo xa Mer explicou isto...
Bicos á esquerda e á dereita para os peques :-)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio