leoeosseus

luns, 23 de febreiro de 2009

Cimos e verghas


Non todo vai ser festa e tocou axudar a espodar vimbias para atar as viñas en Arbo. As viñas necesitan duns axudantes vexetais para expandirse e a xente ten que cuidar vimbieiros e canais ( mato de canas ). Os vimbieiros dan vimbias que se espodan en verghas, cimos e rastoballo. As verghas son as máis gordas, logo veñen os cimos e o rastoballo que é o que non vale para atar. Axudei a espodar ata que se foi o sol e non só espodei vimbias senón que tamén houbo salgueiros que valen para atar e que son máis brandiños para cortar.
O día estivo soleado e as sirinas, que cantan como os canarios, voaban entre as viñas.

Etiquetas: , , ,

10 comentarios:

Ás 23/02/09, 16:46 , Blogger Mer dixo...

Ademáis hai que ver cómo medra o vimbio, córtaslle as ramas de todo e ao ano seguinte medran moito outra vez igual.

 
Ás 23/02/09, 20:38 , Anonymous Anónimo dixo...

vde., señor paideleo, sabe de todo (e é un pracer aprenderllo)

 
Ás 23/02/09, 23:29 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

...e con eses vimbios...faredes aquelas cestas.

Moi ilustrativo, sí señor

 
Ás 24/02/09, 01:44 , Blogger Antón de Muros dixo...

Algunhas veces, o traballo e a poesía van da man ;-)

Unha aperta.

Antón.

 
Ás 24/02/09, 02:50 , Blogger An dixo...

Dende que non escoito un Xirin...meu sogro cas bbimbias que lle sobran fai cestos :D saúdos e apertas meu

 
Ás 25/02/09, 11:43 , Blogger LM dixo...

e com cuidadinho porque de vimbios torcidos saem cestos tortos ;-)
beijos

 
Ás 26/02/09, 12:53 , Anonymous Anónimo dixo...

Ás veces pregúntome que ostias facías ti nos EEUU :-)

 
Ás 26/02/09, 20:03 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

!Si señor! aprendese noito con paideleo

 
Ás 27/02/09, 21:37 , Blogger Merce dixo...

Vimbios... ufff xa facia tempo que non os via. Meu pai usabaos para atar as cepas. Desde que el xa non está, os meus irmans mais eu podamos e atamos como sabemos, todo por non estar ó seu carón cando o facia, pero sei de seguro que esté donde esté, miranos e de seguro que bota unhas risas vendo o mal que o facemos jajaja.

Unha aperta

 
Ás 23/02/10, 14:04 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pola miña zona (trasdeza) non escoitei en feminino (vimbias)
o de cimos tampouco.
miña nai sabía facer cestos e cestas que lle ensinaran na casa,
e ás veces fácia algún por pracer, cando xa non se usaban para traballar.
tamén usaba algo de salgueiro ás veces.
a min encantabame verlle "facerlle o cú", ver como ía tomando forma.
moito me gustou este post!
bueno, seguramente non o verás jajaja, xa me dixeches o outro día que de miragre viras uns que che deixei noutros post atrasados...
e que, cando chego a un blog que me parece interesante,
pois a veeer,
que non vai ser interesante só o último que se publicou!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio