Monday, February 16, 2009

Conservando


A foto esta ten uns aniños e foi feita por unha estranxeira en Arbo. Gústame polo enfoque que ten e o colorido ( gaña se a amplías clicando nela ) e serve de testemuña do cambio dos tempos porque esta viña hoxe non existe e o feixe de veigas adicadas a millo coas súas medas agora están adicadas a viño.
Eu creo que un blogo é unha ferramenta ideal para conservar fotos e textos en forma de diario que co tempo gañan valor.
E por iso hoxe quero conservar as anécdotas do Leo " bautizando " pedriñas no xardín da avoaM, o riso que botamos cando queriamos gravalo cantando " Cumpleaños feliz " ao avóM e soltou a canción de " Caracol, col, col ", a ledicia que levou probando o disfraz de indio cos curmáns e o falar " extraterrestre " cando colle o teléfono.

8 comentarios:

aopedofarelo said...

Todo ten un principio e un final...Non hai dubida, o que pasa é que nos aferramos as cousas e non queremos que estas rematen...nin sequera aunque estemos cheos de merda

Antón de Muros said...

Un blog pode ser unha boa testemuña :-)

Unha aperta.

Antón.

peke said...

Este post e o anterior son do máis fermoso que che teño lido. Preciosos!

Meninheira said...

hahaha asi que fala extraterrestre? Nos meus tempos aprendíamos inglés :D

Un biquiño

Ana said...

Tens toda a razón,amplíando a foto se ve moito mellor os contrastes de colores.Es preciosa!Bicos

An said...

E unha boa soporte si señor, o leiño vaiche adiantada. xa aprende o idioma do futuro, no futuro o idioma interestelar vai ser o estraterreste.hehehehe. Eu criei un caderno para algo parecido, rescatar a memoria do meu pobo , hoxe afundida en sabe deus onde....agardo poder poñerme máns a elo dentro de pouco. Saúdos e apertas

Merce said...

Tes toda a razon do mundo. E un xeito de ir dia a dia deixando testemuña daquelas cousas pequenas e grandes, que importan e que che arrancan un sorriso, e de recordar un momento, de revivilo, un pequeno diario no que en cada entrada deixas un pouquiño de ilusion para compartir.

Bicos.

abueloscrisytoño said...

peke ten razón, tes un puntiño moi expecial de persoa moi sensible.