Friday, March 6, 2009

Non desaparecín


Só que foi unha semana na que chegaba derrotado á noite ao ordenador ou o Leo non me deixaba acercarme ao aparello.
O mércores fun a Santiago a facer un curso pola empresa e aprendín que unha cadea é tan forte coma o eslabón máis feble e que o que non está escrito non existe. Tamén merquei contos e pitufos para o Leo, agasallos para un aniversario e o conto de Xiana. Cortei o pelo e apareceu por alí unha " estrela " da televisión . Tamén esta semana se escarallou a secadora da roupa ( e hoxe felizmente xa funciona ).
A ver se recupero o ritmo blogueiro.

7 comentarios:

Antón de Muros said...

En todo fogar hai problemas coas secadoras e lavadoras de roupa ;-)
O máis importante é que xa está arranxada...

Por outra banda algúns días un chega mallado á cama...

Unha aperta.

Antón.

mencía said...

Eu enténdote ben, a maioría dos días non sei como o fas, eu casi non teño tempo para adicarlle ao blog, e como ademais me gusta ver o que contades todos, pois faiseme complicado.
Apertas.

abueloscrisytoño said...

Simpatico o letreiro do can

Cuspedepita said...

Enténdote moi ben, así and eu desde fai meses. Se non fora que somos dous non sei que sería de Cuspe.
Apertas

Chousa da Alcandra said...

Pois logo semella que foi unha intensa semaniña para todo quisque.
No meu choio tamén houbo para dar e tomar.
(O da fortaleza da cadea medido polo eslabón máis feble é toda unha filosofía, pero...pura realidade!).

Apertas

An said...

Abonda con que collas forzas pra ti e os teus, todo isto é suprrfluo. Saúdos e apertas meu.

Merce said...

Animo! hai momentos nos que por algun motivo atascamonos pero pouco a pouco imos saindo adiante.

Moitos biquiños