leoeosseus

luns, 30 de marzo de 2009

O Demo


Nesta volta ao frío apetece arrimarse ao lume e escuitar historias como a que contou o avóM onte. Canto tiña uns oito anos díxolle a súa avoa: " - Colle a cabra que imos botarlla ao castrón. Temos que levala ao Demo". El abriu os ollos e preparouse para coñecer ao Demo en persoa; unha personaxe da que lle falaran na escola, na igrexa e na casa. Tiña algo de medo pero ía coa avoa así que non había perigo. Andaron uns dous quilómetros e subiron á derradeira casa da aldea á beira dunha fonte. O Demo resultou ser un home moreno, coa cara enxuita e o pelo peiteado para atrás. O avóM non perdeu detalle do que falou e dixo e de como era o casoupo coas cortellas e quedou contente de coñecer ao Demo e de perderlle o medo. O que non sabía el é que acabaría casando cunha muller desa casa e contaría esta historia nesa mesma casa.

Etiquetas: , ,

15 comentarios:

Ás 31/03/09, 00:16 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Non debe ser tan malo como o pintan

 
Ás 31/03/09, 08:43 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Dos "cumpremeses" de Leo ben que falas, pero dos teus cumpreanos non tanto... ¡Parabéns, que estás feito un rapaz! Que cumpras moitos máis, e que nos o vexamos... E como di o dito: "o importante é ter saúde e os pés quentes".
A ver se quedamos á volta da viaxe (estaremos en Dublín do 4 ao 8). Bicos a todos.

 
Ás 31/03/09, 10:28 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Casualidades da vida, ó final foi casar na casa do Demo, quen o diría.
Coñezo un amigo que é familia do Demo de Cans, Porriño. Non é o mesmo, non?

Así que estás de cumpreanos? Outra casualidade.

Un saúdo.

 
Ás 31/03/09, 10:52 , Blogger Antón de Muros dixo...

Gustanme moito as historias dos avós dos avós.
Eu gardo, a pesar da distancia, algunhas dos meus da Ría de Muros :-)

Ao final casou cunha muller da casa do Demo. A vida da moitas voltas, verdade?

Hoxe é o teu cumpreanos?

Unha aperta.

Antón.

 
Ás 31/03/09, 14:00 , Blogger Cuspedepita dixo...

Xa me parecía a min que ti eras o demo, jajaja, e agora vexo que algo de xeitiño tiña a cousa.

Iso mesmo díxolle unha vez Trapero Pardo, se non lembro mal, ao cura de Ansemar por organizar as festas do Entroido nas que el ía de pregoeiro: " Como xa sabedes, o señor cura é o demo"...

Bicos

 
Ás 31/03/09, 15:01 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

XDDDDDDDDDDDD que boa historia!!

E parabéns, que seica estás de cumpreanos :)

 
Ás 31/03/09, 17:13 , Blogger Barreira dixo...

Eso si que é facer pactos co demo.
Saudos.

 
Ás 31/03/09, 20:07 , Blogger Suso Lista dixo...

Os alcumes moitas das veces siñifican o contrario do que dín. Curioso destino.

 
Ás 01/04/09, 00:12 , Blogger fgul dixo...

vaites; casualidades da vida...

 
Ás 01/04/09, 10:18 , Blogger Mer dixo...

Estas historias son fascinantes, mágoa que coa sabidoría da vida que teñen os vellos non lles prestemos máis atención.

Parabéns polo cumpreanos.

Apertas

 
Ás 01/04/09, 13:08 , Blogger A Conxurada dixo...

Boa historia, si señor.

 
Ás 01/04/09, 21:47 , Anonymous Anónimo dixo...

A historia é boa, pero o final é excelente. Parabéns

 
Ás 02/04/09, 02:05 , Anonymous Paquito de Penas dixo...

Ten que ser fodido ter o demo na familia, xa non polo que digan os demais senón polo que poda pensar un. O que está claro é que o demo está na terra antre nós.
De Deus, non sei que decir :-)

 
Ás 02/04/09, 11:42 , Blogger Veloso dixo...

Así que vés sendo parente do Demo, non é? Pois nada, acudiremos a ti cando sintamos que se nos achega o lume eterno. Un saúdo.

 
Ás 03/04/09, 23:00 , Blogger Merce dixo...

Fantastica historia. Ademais contada ao caron do lume. Que ben ulen as cociñas de ferro, eu tiña unha na casa, pero ao final quitamola, unha peniña.

Bicos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio