O aire de santa Ana e o lucecuco
En Arbo hoxe soplaba o aire de santa Ana que din que este día sempre sopla o vento. Fomos ao xardín das termas de Melgaço a durmir a sesta o Leo ( e tamén o pai ) mentres unhas mulleres falangueiras case non nos deixan durmir. Comentei o caso curioso da orde da Xunta que manda ás brigadas contraincendios recoller os vagalumes que, seica, poden provocar incendios. En Arbo extrañáronse de que os lucecucos ( como os chaman pola zona ) sexan capaces de provocar incendios e a min non deixan de asombrarme estes da Xunta.
En fin...
Etiquetas: curiosidades IV, etnografia III, lingua IV, natureza III
6 comentarios:
Cando menos curioso. Podemos dicir que temos a sorte de co tempo acompaña, porque se a medida de prevención de incendios é esa, estamos apañados.
Aquí ó lado, en Mondariz, xa vai por dous ou tres anos que deteñen a un vello por plantar lume nos montes, e unha vez causara un incendio bastante grande. Aí é donde está o problema. Despóis alegan que está un pouco mal da cachola. Farao só por iso? Extráñame...
Teño pasado por ese balneario, pero nunca paren. Paréceme que esta medio abandonado, pode ser?
Un saúdo.
Xa me gustaría saber cantos incendios provocaron os vagalumes. E a man do home???.
Si medimos aos homes coa mesma vara que aos vagalumes entón habería que desterrar a moitos.
Saudos.
Vivir, pra ver. Daquí a pouco quererán apagar as estrelas do ceu. Apertas
Coño, agora os vagalumes son uns pirómanos....Esto parece de chiste.
Si o resto das medidas de prevención de incendios son similares recemos (incluso os ateos) para que chova tódolos días.
Dende logo que estou dacordo contigo, e se temos que ser bondadosos, digoche que eso....sorprendentes nas suas decisions dende que chegaron, pero tal vez ai moito mais, e todo forma parte dun plan.....Non sei.
Por certo o sitio e precioso...
pois no de andalucía disseram que um raio latente provocara um incendio. sim, sim! um dia caeu um raio e cinco dias depois saiu de nom sei onde da terra e queimou o monte...
com estas teorias logo quedamos sem lucecús, saltóns ou tioupas!
beijinhos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio