leoeosseus

venres, 6 de novembro de 2009

Huevo, pico, araña


A xenerosidade fixo que Ángel Utrera me enviase unhas fotos preciosas que agradezo muito. E grazas a el descubrín outros fotógrafos como Veiga Roel ou Ramón Dimas.
Entre as fotos que mandou hai esta duns nenos xogando a " Huevo, pico, araña", un xogo que practiquei na escola. Dividiamonos en dous grupos e un grupo apandaba e os outros saltaban enriba. O primeiro en saltar puña os dedos da man facendo a forma dun ovo ou un pico ou unha araña de maneira que non o descubrise o de abaixo e á vista da "madre" que era o rapaz que aguantaba o grupo apoiado nunha parede e o de abaixo tiña que atinar a figura. Se atinaba cambiaban de sitio os grupos e se erraba seguía apandando o grupo de abaixo. Se derreaban ( cedían ao peso ) perdían e volvían saltar os gañadores. Tamén os había bestas que saltaban todos enriba do último que apandaba para que derrease e non apandar.
Tempus fugit !.

Etiquetas: , ,

16 comentarios:

Ás 06/11/09, 11:46 , Blogger fonsilleda dixo...

Leváchesme a outras rúas, outros aires e outras miradas.
Grazas polo paseo
Bicos

Fermosa foto

 
Ás 06/11/09, 13:23 , Blogger Bolboreteira dixo...

Nos aquí chamabamoslle churro, media manga, manga enteira.
Qué recordos...e qué porrazos levabamos.Eu era voa saltadora, pero debaixo pasabao mal, sempre fun fraquiña e co peso enseguida me iba o chan.
Bico!

 
Ás 06/11/09, 14:10 , Blogger Moraima dixo...

Onde quedaron eses tempos? é unha pena que tan só existan nas fotografías e nas nosas memorias!

 
Ás 06/11/09, 15:41 , Blogger Unknown dixo...

E parecido a un xogo que tiñamos en portugal.Xa non acordabamo del.
Bicos

 
Ás 06/11/09, 16:04 , Blogger fgul dixo...

Vaites!! Nos a ese xogo chamábamoslle "a churra". Xa choveu, xa!!

 
Ás 06/11/09, 18:44 , Blogger busto.agolada dixo...

Eu mesmo xoguei moitas veces a isto e vin xogar aínda non hai tantos anos. Agora os rapaces nacen co espiñazo máis delicado e xa case non se ve este xogo. Outras veces o delicado é o mimo dos pais.
Apertas moitas.

 
Ás 07/11/09, 11:55 , Anonymous Anónimo dixo...

Nós chamábamoslle "churra monta la burra" e raro era o día que non acababa algún mancado ou co pantalón esgazado.
(Tamén lembro xogar ao fútbol con botes de lixivia, vacíos naturalmente)

 
Ás 08/11/09, 16:34 , Anonymous paidovento dixo...

A min encantábame este xogo. Eu era dos máis bestas ao saltar. Pero creo lembrar que o que facía de nai estaba sentado.

 
Ás 08/11/09, 20:20 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Churra monta a burra; diciámoslle por estes lares.
Eu tamén xoguei con algarabía e reiteración.
Fuxe o tempo, fuxe...

 
Ás 09/11/09, 19:24 , Blogger folerpa dixo...

Carafio!!!! Ovo, pico araña!!! Que tempos aqueles e como cravaban os pés algús cabróns.

 
Ás 09/11/09, 23:19 , Anonymous aopedofarelo dixo...

Pois xa ves ti, Eu non sabia que nesta foto os rapaces estaban a xogar a este xogo que ti contas...Xa aprendin algo mais. Ves como merece a pena as veces a xenerosidade...Un da e despois recibe.
Unha aperta.

 
Ás 10/11/09, 11:32 , Anonymous peke dixo...

Escríboche aquí porque había tempo que non pasaba polo blog. Grazas polo meme pero non o vou seguir; non acabo de entender moi ben en que consiste.

 
Ás 10/11/09, 13:07 , Anonymous Zeltia dixo...

AS FOTOS de ramón dimas encantáronme, polo dos tempos pasados...
hai agora na coruña, na fundación caixagalicia unha mostra de fotografía da galicia dos anos 20, que teño moitas ganas de ir ver.

 
Ás 10/11/09, 19:57 , Blogger BRABIDO dixo...

Inda me acordo coma si fose onte ja ja ja ja ja.
Algunhas veces facianse caralladas,cando ia saltar o primeiro,apartabamos pa un lado e menudo estourazo pillaba.
Logo da aquela xa habia corrupcion,se a nai era colega ou se deixaba levar , as costelas dos que apochinaban tiñan moito que sufrir ja ja ja ja ja.

saudos sen poñer os pés no chan.

 
Ás 10/11/09, 20:05 , Blogger BRABIDO dixo...

Eh que se me olvidaba machiño,non vale saltar e clavar as rodillas.Que sempre ae o tipico listillo

 
Ás 19/11/09, 15:31 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Que tempos! Eses xogos populares todos, o trompo (do que tamén falas), o gua, que me parece que xa non existe, o pincho... e como non, o ovo, pico, araña. Aínda xoguei moitas veces, pero o máis cachondo era cando xogaba no instituto entre rapazas e rapaces, non sei como era pero sempre se escapaban as mans,o importante era agarrarse, fora ó que fora. Que pillabáns eramos...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio