Estos gallegonos !
Nesta fin de semana longa, invernal e sen viaxe programada viaxei pola rede e cheguei ao youtube onde descubrín " El chigre ", unha serie asturiana de humor onde sae unha personaxe que lle chaman "El Gallego " que é da Asturias de fala galega. A foto feita por min no verán de 2005 é precisamente desa zona e está tirada dende a ponte que une-separa Galicia e Asturias. Podes botarlle unha ollada ao vídeo aquí:
Etiquetas: curiosidades V, etnografia III, interrede IV, lingua IV
11 comentarios:
Manda carallo! Como nos ven fora de galiza, é pra flipar. Beatriz Carvajal versión ahora. Saludos
O galego non sea ben parado pero o asturiano punto menos.
Dichoso estetereotipos.
Bicos !
Gallegonos é a palabra que din.
parece un sketch da tvga,
so que en vez de ridiculizarnos nós mesmos,
ridiculízannos os nosos veciños...
claro que eles tampouco saen moi ben parados!
a música de falcon crest un puntazo
Non sei definir ben que cae máis no ridículo. Este tipo de series están ben para que as vexan noutros sitios, fora da Galiza ou de Asturies, e sigan alimentando a idea de que na periferia somos parvos.
Por certo, a foto é Asturies.
É o de sempre. E seguirán pintándonos desa maneira.
Eu creo que hai que entender todo esto dentro do sistema de xéneros. Esto é un programa cómico. En Polònia se escarallan dos propios cataláns, ás veces presentados coma parvos, o mesmo en Vaya semanita, cuns vascos de libro satírico. E tamén hai o prototipo de urbanita madrileño nas series españolas. Eu teño a oportunidade de ver case todas as canles de televisión autonómicas e podo asegurar que non hai nada novo baixo o sol e que en todos os sitios cocen fabas. Ou garbanzos.
A expresión gallegonos, iso si, é moi popular en Asturies. Con tono, agora, divertido. Antes, non tanto.
Non quixera eu "afuracar" (como din en Asturies) na ferida, pero non hai que esquecer que foron galegos os que foron a Asturies na guerra civil nas tropas nacionais. Iso marca, polo menos en certos lugares.
E menos mal que din que galegos e asturiaos, coma primos irmaos; que senón...
Nos non somos asi,verdade?
Saude
Paide, ¿ainda nada?.
¡Qué cousas! e Chousa o millor berraría... ¡malo será!.
Bicos.
Nos non somo asi... para nada
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio