leoeosseus

sábado, 18 de setembro de 2010

Blogomillo no camiño a Arbo


No camiño a Arbo hai detalles que me fan lembrar o blogomillo. Un é o nome dunha empresa " Grania " que me fai lembrar a capital da que son rei nun libro de rol escrito por un blogueiro. Aquí está a proba de que non minto.



O cartaz de L&M faime lembrar ao blogo do mesmo nome. Será casualidade ou será relidade ?.


E como non todo vai ser interrede nin gaitas poño a foto dun amaño enxeñoso mui típico de aquí. Que non tés sitio para montar unha barbacoa ?. Pois nada: montas un voadizo enriba do camiño e chántala aí.

Etiquetas: ,

8 comentarios:

Ás 19/09/10, 01:35 , Anonymous Anónimo dixo...

Ai, a terceira foto é unha auténtica mostra do xenuíno estilo 'mételle aí' (Xa sabe, mételle aí unha uralita, mételle aí un ladrillo, mételle aí un voadizo)

 
Ás 19/09/10, 14:12 , Blogger fonsilleda dixo...

O certo é que non sei de ondo quitas tales cousas. Fasme rir.

 
Ás 19/09/10, 15:36 , Blogger Dilaida dixo...

Pois acabas de darme unha boa idea, se tiro un "voladizo" coma ese desde o balcón podo saír directa ao parque que teño enfronte.

 
Ás 20/09/10, 07:29 , Blogger Concha L. F. dixo...

Anda que non ten delito nin nada este voladizo! E non lle caerá o churrasco no medio do camiño?

Vaia ideas que ten algunha xente!

Saúdos.

 
Ás 20/09/10, 08:47 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Xa lle valeu o de montar a "barbacue" no beiril...
Tés un agasallo no meu blog
http://aeiradebalixe.blogspot.com/2010/09/o-agasallo.html

 
Ás 20/09/10, 11:53 , Anonymous peke dixo...

O da barbacoa é boísimo; hai que ter cara.

 
Ás 20/09/10, 13:33 , Blogger Paz Zeltia dixo...

O da barbacoa nunca tal vira!
será cousa da zona, cada sitio temos o noso feismo particular.

No tocante aos nomes que mencionas dos blogues, en santiago vexo algunha vez un furgón que pon en grande "Chousa" i a min sígueme o fío "da alcandra"

:)

 
Ás 22/09/10, 20:26 , Blogger O Breogán de Gáidil dixo...

Que casualidade o de Grania... imos ter que pedir "royalties".
Apertas!!!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio