leoeosseus

Friday, 10 September 2010

Meme dos 1103 posteos

Fun invitado polo amigo e blogueiro Chousa da Alcandra a responder un meme e aquí estou.

Puxen ese número 1103 usando algo de trampa. Do primeiro blogo que tiven mandei 450 anotacións, anque algunhas son só fotos con pé de foto que era o sistema de subir fotos de Picasa ata agosto do 2005. 450 posteos máis 653 deste blogo fan un total de 1103 posteos.

E agora paso ao meme.



Canto tempo levas como blogueiro ?

Empecei hai máis de cinco anos. Exactamente o día 22 de abril de 2005 co blogo que escribín na miña etapa norteamericana.

Como te enteiraches da existencia dos blogos ?

Pois non sei como. Creo que mirando en Vieiros que falaban da existencia do blogomillo. Entrei nas ligazóns e gustoume en xeral e un día que estaba no paro e aburrido animeime e empecei a escribir.


Cinco blogues que sigo diariamente ou con moita frecuencia.

Son máis de cinco, por fortuna. Pico nas ligazóns que acostuman a actualizar a diario ou case.


Es lector anónimo dalgún blogo?

Todo o mundo o é. Supoño que se referirá a pasar por un blogo sen comentar. Eu vou saltando de ligazón en ligazón e curioseo, sobre todo nos que teñen imaxes. Hai ocasións nas que comento e outras non.


Algúns autores que che acorden especial simpatía.

Son varios e que foron marcando diferentes etapas como blogueiro. Na miña etapa no estranxeiro marcáronme muito Peke, Torredebabel, Veloso, *Sara, Suso Lista, Nemeth, Calidonia, Paco Penas, Emereci, Ghanito, Besbe, Jan, Nébeda, etc. E logo coñecer persoalmente a varios contribuiu a darlles máis presenza emocional a estoutros: Chousa, Manolo Busto, Ángel Utrera, marcus, etc.
O bo disto é que uns marchan e aparecen outros e así están agora: zeltia, meninheira, Mer, Ana Paula, fonsilleda, abuelacris, Eva G. Rei, Carlos Sousa, F. Míguez, Aldabra, a nena do paraugas, Dilaida, etc.
En xeral caime ben o blogueiro que actualiza a miudo e que comenta.


Con que cinco blogueiros irías de esmorga?

Esmorga, esmorga; paréceme demasiado.

Gústanme as xuntanzas como as que fun en Santiago e en Agolada e repetiríaas.


Con que blogueira pasarías unha noite de loucura sexual?

Por favor: a muller, algúns familiares e amigos len isto.


Namorácheste algunha vez dalgunha blogueira?

Non, non creo que estea eu en idade de namoramentos. En todo caso remítome á anterior resposta.


Estás satisfeito co teu blogo?

En xeral, si. Polo menos podo falar do que me peta. Eu pensei que ía deixalo pronto pero parés que non.

Algunha vez estiven tentado a deixalo pero seguín. Iso si, cando o deixe vou avisar e non me vou despedir á francesa.


Espallar este meme entre 3 e 5 blogs

Voullo pasar a Falabarato, Magago, o náufrago, meninheira e L&M; a ver se se animan.





E de agasallo un capítulo de " O galego é fácil " ofrecido neste caso pola Deputación da Coruña. Do plural " infantís " tiramos o singular " infantí ". É importante non esquecer o til para que non semelle unha errata.

Labels: , ,

6 Comments:

At 11/09/2010, 02:02 , Blogger ♥ meninheira ♥ said...

Grazas por pasalo :) fareino, fareino, mas dame tempo que xa sabes cómo e onde andamos :)

Un biquiño e grazas por recordarte sempre de min :*

 
At 11/09/2010, 15:28 , Blogger ♥ meninheira ♥ said...

Deberes feitos :D

 
At 12/09/2010, 19:43 , Blogger Carlos Sousa said...

Queda claro que co til, entón non é unha errata. Haiche cada letreiro...

1103 posteos!! aínda que sexa trampeando xa lle chega ben. Só desexarche que poñas uns "moitos" máis.

Coincido contigo no da xuntanza. Eu que daquela non andaba moito por estes lares, quedeime coas ganas.

Unha aperta

 
At 13/09/2010, 04:04 , Anonymous Falabarato said...

Misión cumprida!

 
At 14/09/2010, 21:01 , Blogger Ana said...

Que contenta estou, acordasteche (?¿) de mím.
Penso que botei unha palabrota non?
En outubro comenzo co galego na escola de idiomas a facer o celga 1.

Xa non reiras dos meus errores,jejeje

Bicos

P.S.
Por certo, chamome Ana Paula

 
At 15/09/2010, 16:53 , Blogger Aldabra said...

arrçancácheme un sorriso coas tuas respostas, é que tes un aquel que se deixa querer... je je

moi coitadiño nas túas respostas mais comprometidas, que ben quedaches.

graciñas por incluírme neses últimos que chegamos para quedarnos.

lástima de non terte coñecido na túa etapa amerciana, podería haber practicado o inglis xa que estiven estudando uns anos na escola de idiomas.

biquiños,

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home