Friday, October 8, 2010

Casa das latas de Vilaguindastre


Pois si, no traxecto dunha farmacia a unha panadería da miña parroquia topei esta mostra de reciclado: unha nova casa das latas. Onte o día estaba de chuvia e tampouco a foto abarca toda a propiedade que queda fóra outra lancha que está á dereita. Tés que ampliar a foto dando dobre click para ver detalles curiosos.
Esta casa non é tan rimbombante como a outra pero ti dálle tempo que hai un par de anos apenas tiña algo.
En fin; imaxinación ao poder !.

5 comentarios:

Dilaida said...

Pois de lata será pero parecer no o parece e tenche un colorido.
Bicos

fonsilleda said...

¡Mi madriña!
Bicos.

Chousa da Alcandra said...

Ñó, vaia "enlatado" que atopaches!
E vexo eu mal, ou hai unha bandeira andaluza perto da de Spain?.

O do seiscentos en pedestal non ten prezo eh!

zeltia said...

canta xentiña creativa hai por aí...
canto talento! [e sentido práctico]

bo achazgo

Eva G. Rei said...

Tes un ollo clínico...
Onde estará este monumento á chapa! Daría un bo parque de atraccións.