leoeosseus

mércores, 20 de abril de 2011

Chocos e mostros


Estes días atrás retirouse na torredocaminho o " Manitas malfalado ". Así que hoxe trouxo empanadas de chocos " da casa " ( pescados polo fillo ) e viño e estaba todo mui bo e seino de primeira man porque me tocou traballar muitas horas e comín nos dous tempos para o taco.
O malo foi que hoxe botei pouco tempo coa familia. Iso si, o Leo tivo tempo para ir apagando as luces da casa na noitiña e dicirme: " Ahora vai vir un mostro e vaite levar ao traballo outra vez ".
Menos mal que todo quedou na imaxinación do neno e nos nosos risos !.
Na foto sae unha das últimas notas típicas que deixaba para Ross Jonander.

Etiquetas: ,

6 comentarios:

Ás 21/04/11, 18:26 , Blogger Unknown dixo...

E increible, mais os galegos, casteláns faceis mais erros coa V e a B, ca eu, unha portuguesa de pacotilla jejeje

E Leo ten razón, son os mostros que nos levan o traballo,jajaja

 
Ás 21/04/11, 19:52 , Blogger Angel Utrera dixo...

Agora que lein, esta nota ----recordo a que fai tempo atopei nunha vella porta en Santiago.A copio tal cual...

Alkilo avitacion ou casa biega, dame lo mesmo.....es para bibir.

Apertas.

 
Ás 21/04/11, 20:53 , Blogger mfc dixo...

Hummmm... chocos!!
Que prato tão bom!!

 
Ás 22/04/11, 18:52 , Anonymous Anónimo dixo...

Inda lle habedes botar de menos as notas, como pasa sempre. Polo demais, sinto envexa desa empanada de chocos.

 
Ás 23/04/11, 23:39 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Eu sempre me apuntarei a unha empanada (con tal de que non sexa de zamburiñas, que lles teño tanto aprezo que non as quero comer...)

 
Ás 25/04/11, 12:42 , Blogger Paz Zeltia dixo...

[Quen vai avisar agora ao despistado de Ross Jonander!]
Os vósos xubilados sí que saben convidar! [nada de mariconadas]

Rinme por dentro co conto do Leo, mira que rápido adiviñou cales son os monstros de cada quen!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio