Prenadaleando
Como é costume na empresa houbo xantar e cesta. O xantar foi en Vilaguindastre, nun sitio pequeno pero onde se estaba ben e a comida foi boa. O discurso foi curto que a situación laboral non está para retóricas. No tocante a cesta dicir que era igualiña que a do ano pasado anque cambiaron os mantecados por bombóns.
Os nenos están ben anque pasan demasiado tempo na casa por estes temporais e acaban frenéticos. O Leo sacou boas notas e mañá vai cantar disfrazado de pastor. Xela segue feita un terremoto e repite palabras coma un loro. Está enamorada dos " tiíz " calcetíns que non paran no pé e dos "guagua " paraugas. Gústalle lavar os dentes "teniiz " e mirar contos que ela denomina " tontos " para riso de Leo.
E así estamos prenadaleando a uns días da chegada do señor de vermello.
Etiquetas: leo IX, traballo IV, xela II
7 comentarios:
para os nenos sempre son días de nervos... e por contaxio tamén para os maiores.
pasádeo moi ben e seguir tan unidos como sempre.
biquiños,
Prenadelear, cousa importante e bonita, a verba, porque inda despous de lela sete veces non sei que quer decir.
Bicos a Leo e Xela e moitas felicidades a naideleo e o paidexela, con unha boa aperta.
jaja, a min tamén me levou un anaquiño darme conta do pre e da conversión do sustantivo en verbo, porque claro, contigo nunca se sabe!
:)
se non nos vemos pola rede antes do nadal, que pasedes unha noite boa moi boa!
Felices festas!
BOAS FESTAS PARA TODOS VOS!.
Dálleme a esa nena e a ese neno un bico moi grande. O Apalpador logo ha de vir apalparlle as barriguiñas... E as de ambos están cheas de ledicias.
O dito. Bo Nadal!
Os nenos son as luciñas do Nadal en cada casa. Aínda que non haxa cestas nin nada...
Bo Nadal!!!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio