Complicación de xéneros
Xela está a aprender a falar e un detalle que me chama a atención é como cambia algúns xéneros. Iso si, nas cores non ten problema e iso que, pensándoo ben, é complicado. Temos branco, negro, amarelo e vermello que cambian de xénero. Logo hai outras que nos varían: marrón, azul, gris; e outras que non mudan e iso que rematan en vogal como verde, lila, laranxa ou púrpura. Por iso que para os estranxeiros e os nenos debe de ser un chisco difícil.
E, tirando do fío, lembrei a dúas parellas que tiñan uns alcumes cun xénero forzado. Había unha señora de carácter forte que se facía respeitar e o home era un pouco apagado. A muller apelidábase Conde e o home perdeu o seu apelido e era coñecido polo da muller polos veciños. Iso si, a muller había que distinguila do home e era chamada " Conda ".
Outro caso curioso foi o do " Minuto ". O tal home traballaba na portería da fábrica que sai na foto e era estricto á hora de entraren os traballadores e se chegaban tarde xa os rexistraba cun bolígrafo vermello. Os compañeiros queixábanse e el sempre dicía: " Con que pase un minuto, xa chegaches tarde ". O simpático desta nomeada é que pasou á muller del e era coñecida por... " Minuta " !.
Etiquetas: lingua VIII, personaxes III, xela III
3 comentarios:
Muito interessantes os casos que conta. Nem sei o que achei mais graça. Conda? Minuta?
Um abraço
Si fóramos conscientes de todo o que aprendemos cando xa sabemos falar teríamos menos medo a estudiar. E curioso todo o que nos entra na cabeza sen darnos conta cando somos pequenos.
Sería interesante unha serie sobre alcumes e as súas orixes. Hainos ben interesantes.
Unha aperta
fixéchesme rir co da minuta!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio