Poemas, notas e chaves chouchas
As vacacións dos nenos xa comezaron e houbo entrega de notas. O Leo sacou tan boas notas que me podo pór colorado se as publico así que non as publico.
Leo segue a ler e escribir e agora sacou a vena poeta e creou o poema " O verán ".
" Moito sol,
vacación,
días longos,
o verán chegou. "
Xela recibiu a vacina dos tres anos e nin chorou. Iso si, hoxe tivo reacción con febre e diarrea pero xa lle pasará.
O que si pasaron foi medo cando quedaron pechados os nenos no coche por andaren a xogar coas chaves e non saber abrir a porta. Menos mal que foi na casa e tiñamos a chave choucha, nome que lle fai graza a Leo e co que designamos a copia da chave do coche que só funciona manualmente.
E o verán segue... anque sexa no calendario.
Etiquetas: leo X, lingua VIII, xela III
5 comentarios:
pois xa vai collendo xeito o leo co verso :) ten coidado co das chaves!
Chaves lonxe das mans infantís.
Fermosos versos. :)
Por aqui também segue o Verão. Ventoso, por vezes chuvoso.
E a netinha acaba as aulas dia 30 e depois vem para o pé da avó.
E claro eu fico feliz da vida.
Um abraço e uma boa semana
Vamos sorrir com os dias grandes!
Um forte abraço.
jaja a chave choucha. Se me lembrara despois de 5 minutos máis alá, usaría eu tamén ese nome.
Quedo abraiada co Leo...! non era mala a intuición de que vai para escritor!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio