Cole na fin do verán
Na primeira semana o Leo entrou e saiu do cole sen problemas. Outro cantar foi o de Xela que todo o verán tiña a ilusión de ir ao cole e foi entrar nel e levalo mal. Supoño que tería outra idea do que é o cole. O caso e que non quere entrar e sae del toda seria menos o venres que o pasou ben, seica.
Hoxe fomos a unha tapería nova cunha calustra recén feita e xeitosiña. O malo foi que caiu Xela do banco e pegou coa cabeza no chan. Chorou muito, durmiu, botou un tempo repugnante e agora está ben.
Despois fomos pasear pola Freixa e a aproveitar as ofertas de fin de tempada cos xelados e cañas a ese prezo irresistible.
E agora á tardiña toca actuación. Xa foron os nenos ao cine o outro día a mirar " Operación cacahuete " que foi a primeira película que Xela aguantou ata o final. A primeira foi " Como entrenar a tu dragón II " e ao final non aguantou.
E así imos liquidando este verán.
2 comentarios:
pois eu creo que Xela, co arrichada que é, en nada andará dominando aos outros por alí polo cole, facéndosa a dona.
con ese prezo nas cañas tomarías polo menos dúas!!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio