Mamacabra, calacús e pinchorriño
Á tarde fomos a unha actuación de Mamacabra e sorprendeunos o cambio de músicos. Tamén a cantante principal é nova e chámase María. Gloria, a cantante destes quince anos que celebraban como grupo, apareceu para cantar unhas cantas cancións. Entristeceunos mirala como decaída ou enferma pero segue conservando o chorro de voz de sempre.
Despois volvemos a Vilaguindastre que celebraba a noite dos calacús con música e castañas pero Leo non aguantaba a música e fuximos do lugar. E fomos a unha cafetería a tomar o pinchorriño, a tapa que dan algúns bares coa consumición nas fins de semana de novembro.
Etiquetas: curiosidades XIII, etnografia VII, vilaguindastre IV
2 comentarios:
Passei para deixar um abraço e desejos de bom fim de semana
Deixame intrigada iso de que Leo non aguantaba a música... era estridente, alta, fea, ou e que o noso Leo ten unha sensibilidade especial para a música?
Semella unha linda maneira que teñen no pobo de celebrar o Samaín. Para estas cousas sempre mellor os pobos que as cidades, que todo ocorre no centro, e nos barrios da preguiza desprazarse e despois alí todo é a mogollón e incómodo (claro que eu, como poida, vou á aldea eses días sempre, alí non hai nada diso, cada un fai na sua casa o que quere)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio