Intelixencias
Camiñando por Vilaguindastre adiante topei este cartaz que reproduzo na foto. Descubrín abraiado que hai oito tipos de intelixencias que son: visual, musical, corporal, extrapersoal, lingüística, lóxica, naturalista e intrapersoal. Parei a pensar en cales destacaría eu e creo que son en lingüística,visual, naturalista e algo de lóxica. Patino en corporal, intrapersoal e extrapersoal e son nulo en musical.
Leo é bastante parecido a min. Domina a lingüística e lóxica e dálle algo na visual. Tamén ten intelixencia musical ( ben diferente a min ) e frouxea nas intelixencias corporais,naturalistas, interpersoais e intropersoais.
Xela xa é máis completa que domina a corporal e bastante da musical e lingüística. Non se lles dá mal as interpersoal, lóxica, naturalista e visual. E para min que o seu punto fraco é na intelixencia intrapersoal que fai cousas que nin ela mesma sabe por que as fai e bótalle a culpa ao seu cerebro.
Bueno, todo isto escribino eu e, como fallo na intelixencia intra e interpersoal; podo trabucarme.
Ti que intelixencias tés ?.
Etiquetas: curiosidades XIV, leo XI, xela V
3 comentarios:
Inventam cada coisa? Oito inteligências? Não é tudo parte do mesmo todo? Para mim é. Só que todos nós desenvolvemos mais umas partes que outras.
Um abraço e bom Domingo
Intelixencia emocional, de Goleman. Un libro moi ilustrativo.
Non sei se é pq estou vendo este posteo no teléfono, pero non podo abrir a foto, que me gustaría a min saber q tipo de intelixencia teño eu, se é q teño algunha!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio