Bici, " Mascotas " e máis
O outro día fomos dar un paseo e Xela quixo levar a bici de pedais. Naideleo agarrábaa para que non caíse e Xela encomodouse. Decidimos deixala andar en bici sen agarrala e ... empezou a andar ela soíña !. Semellaba miragre !. Aprendeu así como nada. Iso si, muitas veces andaba na bici sen pedais e mantiña o equilibrio e foi coller a bici con pedais e porse a andar coma se soubese de sempre.
Outra tarde fomos ao estreo de " Mascotas ", unha película mui simpática e chea de aventuras para mirar en 3D. Sigo abraiándome de como calcan os movementos dos animais que semellan reais.
Onte quedamos cuns amigos en Seixo - Marín para xantar no local da foto de " Xelaxis " e Obelix. Estivo mui ben a comida e a compaña pero a calor era excesiva. Os nenos tiveron sorte que había unha piscina para eles. Despois fomos á praia de Portomaior en Bueu e estivemos ata o solpor do ben que se estaba. Falamos de pelos no corpo, de oposicións, de operacións e baixas laborais, de nomes de animais para nenos, etc, etc. Na foto está Leo e un amigo, o sol deitándose por riba das Ons e a foto foi tirada ás 21:48 para que mires que Leo quere ser o último na auga. Logo fomos a Cangas a cear pizza no Baratto onde atendía un camareiro eficiente e despois a pasear polo parque infantil onde andaba toda a xente cazando Pokemons.
Etiquetas: cinema I, curiosidades XV, natureza VII, xela VI
1 comentarios:
SEMPRE cho digo, que aproveitades moi ben o día, moitas cousas a facer que me canso só de pensalas... e máis con esta calor. Pero ver esa praia á noitiña (que lindos os días grandes), contemplar o solpor na area tépeda e o fresquiño da auga despois da calor.
Eu tamén quero que me leves.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio