leoeosseus

Sunday, 2 October 2016

Celebrando a década



Esta fin de semana adicámola a celebrar oaniversario de Leo. O sábado xantamos en Tui na tapería Lademanu que é altamente recomendable: bo servizo, tapas saborosas e ben presentadas e cun prezo contido. Aparte gózase dun local mui limpo, con vistas do río e Portugal e unha música suave. Logo recollemos algúns amigos de Leo e fomos ao cinema que botaban a película " Cegoñas " que estivo mui ben cos lobos creando formacións para atrapar a cegoña e á humana que levaban unha bebeciña á súa casa. Logo tocou merenda no McDonalds e volta para casiña.
E hoxe domingo mercamos os callos en Vilaguindastre que era a XXIII edición desta festa gastronómica. Tamén mercamos a torta e levamos todo a Arbo para celebrar o aniversario coa familia materna.
Pasámolo mui ben !.

Labels: , ,

2 Comments:

At 04/10/2016, 20:22 , Anonymous peke said...

Miña naiciña! Como pasa o tempo! Parabéns a todos e, en especial, ao miñoca lorzudo que quedou atrás e é todo un rapazolo de 10.

 
At 04/10/2016, 20:24 , Anonymous peke said...

Eu non escribín iso exactamente así.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home