leoeosseus

venres, 3 de febreiro de 2017

Candeloria e San Brais


Onte foi o día da Candeloria, día que dicían os vellos que casaban os paxariños e falamos no taco sobre iso. Falamos dos poucos paxaros que quedan pola escaseza e pouca variedade de cultivos e o uso de pesticidas. Os compañeiros falaron de paxaros dos que coñecía o nome coma carrizo ou pintasilgo pero nomearon un paxariño que non coñecía co ese nome e que chaman canario bravo e que en Arbo creo que é a sirina.
E hoxe é san Brais santo avogoso da tos: necesario para estes días de galerna.

Etiquetas: , ,

3 comentarios:

Ás 18:24, 06/02/17 , Blogger Ana Cosque dixo...

Nós chamámoslle xirín, tal e como recolle o dicionario da RAG http://academia.gal/dicionario/-/termo/xir%C3%ADn

 
Ás 20:54, 06/02/17 , Blogger Voz en off dixo...

Antes había nas Gándaras unha parella de cegoñas, supoño que xa non están!

 
Ás 13:53, 08/02/17 , Blogger Zeltia dixo...

pois non me deixa ir a mirar a ligazón de "canario bravo" e busqueino en google e non sae nada...
Hai uns anos non vía nin pegas na miña aldea! Agora volve habelas, pero hai moitas na Coruña, nos parques. Defenden o seu territorio contra cans e contra persoas,mesmo se arrepoñen algo se fai falla...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio