E a primavera atropélanos
O día do pai pasou e algúns dos agasallos xa foron para o bandullo e non só o meu bandullo.
Un presente de Xela non se pode comer pero é unha artistada das dela.
O tempo de marzo é así como di a bisavoa Celia: " Marzo, marzán: á mañán cara de can, ó mediodía cara de raíña e á noite corta coma unha fouciña ". Tanto é así que Xela máis eu andamos cos mocos ás voltas e o pobre do Leo está con febres e sen ir á escola. Xela di que vai esquecer facer contas como o do cartel que esqueceu como se escribe a letra " v ".
E a crise que segue co enésimo exemplo: a xente de Pescanova facendo folga.
A primavera atropélanos !.
Etiquetas: curiosidades XVI, leo XI, xelartista
2 comentarios:
E a primavera por aqui veio a bater o dente de frio.
A crise é igual por todo o lado.
A Xela é uma artista.
Um abraço
Que se nos atropela... Calor, frío, calor, frío. A ver se se calma que boa falta nos fai un pouco de estabilidade.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio