Encrucilladas e bornazas
O domingo houbo unha tronada sorpresa en Arbo e chegou a marchar a corriente uns minutos. Dixen que era bo momento para contar contos da Santa Compaña e iso fixo activar a memoria dos máis maiores e empezaron a falar dunha encrucillada onde se deixaba os restos da comida dunha persoa que tiña un mal para que os comera outra persoa ou animal e así pasarlle o mal. Tiña que ir unha" curiosa ", que é coma unha curandeira e dicir aquelas palabras que sabía ela para conseguir a cura.
Nunha oíra eu a palabra " curiosa " para ese concepto como tampouco oín a palabra " bornaza " que define unha néboa basta nocturna que dixo un compañeiro do choio o outro día.
Cantas cousas seguen quedando por aprender !.
Etiquetas: arbo III, etnografía IX, lingua XIII
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio