Lombear
O outro día preguntoume o xefe que me quedaba por facer e dixen: " lombear ". Pero resulta que hai xente que non coñece esa palabra. Lombear significa facer un traballo físico duro que esixe dobrar o corpo.
E hoxe aprendín unha frase feita que significa facer algo doadamente: facelo cunha perna ao lombo.
E nada, hoxe coma se non me chegara co lombeo tiven que cambiar unha roda pinchada do coche. Para colmo de mala sorte cando levaba a cadela ao parque apareceu a policía local e dei media volta. Non é que estivese a fumar ( o que tiña que fumar na miña vida xa o fumei ); é que non levaba máscara. Por sorte non ían por min.
A xente parece que tomou en serio a nova prohibición de fumar na rúa e terrazas que só mirei a un fumando nunha terraza. Iso si, mirei ao flautista sen máscara pola rúa pero comendo pipas.
Para mostra de lombeo poño unha foto de Gustav Hennigsen.
Etiquetas: covid-19 IV, fotografía II, lingua XIII, traballo VI
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio