" Novo " Nadal
Hai un ano non imaxinabamos o que nos ía caír enriba ... y lo que te ronda, morena !. E coma este ano é tan especial por non dicir triste, pois non hai xantar de empresa e a cesta que chegou é diferente á doutros anos e hai que adaptarse ao novo Nadal.
Xa avisei a Xela que este ano Papa Noel e os Reis ao millor non veñen por mor do Carroñaviros. Xa o Apalpador deixou de vir pola nosa casa hai anos pero Leo aínda lembra algo. O carboeiro si que vai pasear un día por Vilaguindastre coa Apalpadora. As que seguro que non veñen son as Pupieiriñas, aquel invento que puxen neste blogo e que creou algo de confusión.
Así que adáptate ao Novo Nadal e goza dos teus estes días !
Etiquetas: contos, covid-19 V, etnografía X, traballo VI
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio