leoeosseus

venres, 18 de xuño de 2010

Récord de nome longo e embarcacións


Sigo " fusilando " fotos de libros, actualizando ligazóns e viaxando pola interrede para descubrir un sitio onde publican libros en pdf e así ligar un libro de embarcacións galegas.
A foto fusilada é do libro " The British Isles " de Colour Library International do ano 1978 e retrata unha estación de tren en Gales que ten, probablemente, o nome de lugar máis longo do mundo e que quere dicir ( na miña tradución ): " Igrexa de Santa María do val do bidueiro, subindo o remuiño e a igrexa de San Tysilio que están á beira da cova vermella ". Na foto fáltalle ó nome o " L " inicial. Supoño que xa te decatarías.

Etiquetas: , ,

5 comentarios:

Ás 16:07, 18/06/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Si ho, claro que me decatei. Igual que me decatei de que ó neno do medio fáltalle un dente e, ademáis, nótaselle ás leguas que ten fame...

Mira ti en que cousas da o andar ocioso eh!!

Apertasgrandesefraternaisdendeantasdeullaprovinciadelugodemomentoquesecadraindependizámonos!

 
Ás 16:08, 18/06/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

:-)
Non sabía que se lle metes unha palabra moi longa, simplemente a tronza por onde lle cadra. Mira ti...

 
Ás 16:29, 18/06/10 , Blogger Dilaida dixo...

Pois mira, eu nin me decatei do L, pero si ti dis que lle falta eu non o dubido.
Bicos

 
Ás 16:13, 19/06/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

e non me ía decatar!
oiches, que interesante o libro que atopaches!, canto vas aprender mi madriña.
Encántame pasar as follas, o ruído que fai ¿non si?
grazas por compartir eses achazgos

 
Ás 11:37, 23/06/10 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

!Que chulada de libro! amin tamen me gusta pasar as follas.
Avoa Cris

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio