leoeosseus

mércores, 26 de xaneiro de 2011

Demolición e lembranzas


Podería falar hoxe do frío pero oín unha ocasión que falar do frío no inverno non é noticia. Se fixese frío de dous grados baixo cero en agosto iso si sería noticia.



O que foi noticia estes días por aquí foi a demolición do antigo colexio onde estudei eu e o Leo.
Con el van lembranzas de xente, estudos, xogos e anécdotas como a da columna do saber ou a Pinoucha que raptaba nenos.



En canto a xogos había bastantes pero hoxe quero falar do " pulso gallego " que chamabamos nós. Facíamos un circo no chan e puñamos pé contra pé e logo agarrados por unha man turrabamos e puxabamos para tratar de botar o rival fóra do circo.
Non volvín ver xogar a ninguén a isto dende aqueles tempos pero supoño que hoxe sería visto coma un xogo de brutáns.
E agora unha preguntiña. Lembras algún xogo curioso do tempo do cole e as súas regras ?.

Etiquetas:

8 comentarios:

Ás 26/01/11, 19:34 , Blogger Dilaida dixo...

Os que eu lembro aínda seguen vixentes, saltar a corda, xogar aos escondites,ao truco...
Bicos

 
Ás 26/01/11, 20:54 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Oes! eu recordo da miña etapa na escola, varios xogos.Recordo un, que tamén se xogaba pola banda de Portugal, era "O parado e o collido".
Tamén era un pouco "bestia".Empezaba un rapaz solo, coas dúas mans cos dedos entrelazados, corria detrás dos demais hasta que le topaba a un, momento en que agarrados da man, corrian detrás dos outros hasta metelos a todo na "cadeneta".
Os que estaban soltos tentaban romper a cadeneta indo por detras, se se conseguia romper ésta entonces, corrianse a puñadas, os da cadea, hasta que chegaban a un lugar onde non se les podia tocar.
Outros xogos eran a billarda, e o irá, que era parecido.
Saúdos

 
Ás 26/01/11, 23:07 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

O mellor de todos era o do escondite; pero tamén lembro o "churamontaaburra".
Xoguei tamén ó pulso que dis ti, e había verdareiros mestres nel facendo "chaves" que te tumbaban se non querías ver o brazo fora do sitio...

Apertas de Antas

 
Ás 27/01/11, 15:51 , Blogger Bolboreteira dixo...

Nunca xoguei o pulso galego, por aquí no se debía de estilar.
O nosos xogos de infancia penso que seguen tendo vicxencia: o churro media manga, manga enteira...cantos golpes levamos xogando a isto..o escondite, as chapas, as canicas, a mariola, a goma, a saltar a corda..e moitos que non me veñen a memoria agora.
Biquiños!

 
Ás 27/01/11, 19:00 , Blogger Angel Utrera dixo...

Hoxe, botandolle unha ollada a tua entrada, e fotos, pensei que de cantos estivemos fai xa tempo de mais, por estes pendellos, so quedamos Cuspe de Pita, Chouza dalcandra, Aqualatam, e ti, boeno e os meus.....A constancia, ou inconstancia, ou a necesidade de comunicar e expresar cousas, ainda nos move????.¿Ou porque continuamos despois de cinco anos.....??

 
Ás 29/01/11, 16:57 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Recordo que xogabamos ao "Ovo, pico, araña", unha auténtica bestialidade de xogo, que nolo prohibiron no Colexio e non precisamente pola sua perigosidade, senon porque xogabamos misturados nenos e nenas e iso de poñer a cabeza no cu do compañeiro para facer o burro non lles pareceu ben aos curas, ata nos separaron ahora do recreo as nennas no patio de abaixo e o nenos no campo de futbol.
Saúdos

 
Ás 30/01/11, 22:01 , Blogger paideleo dixo...

Dilaida: é difícil que se perdan porque estamos nunha cadea que de momento non ten fin.

Xabres: graciñas pola túa aportación. Antes os perdedores levaban uns castigos algo brutos.

Chousa: eran divertidos todos. O de "churra monta a burra" é o "huevo, pico, araña" desta zona.
No "pulso galego" non había que ser forte para gañar e por iso era un pulso máis, digamos, democrático.

Bolboreteira: o pulso galego non sei que distribución terá por iso pregunto iso de forma indirecta no blogo.
Parece que no resto dos xogos hai coincidencia dentro da variedade de regras.

Angel Utrera: a perseverancia que ti dis creo que ten que ver coa idade e coa regularización da vida. Coa idade pasamos de vivir a contar o vivido anteriormente e a vida asentada dá unha rotina e unha tranquilidade que axuda a manter un ritmo cotián nas afeccións, neste caso os blogos.

Son unha xoaniña: pois o bo dese xogo é que era mixto e tiña a súa salsa. Non sempre podes estar dacabalo da persoa que che gusta, verdade ?.

 
Ás 04/02/11, 21:07 , Blogger Paz Zeltia dixo...

a min gustábame "o pañuelo" que requería certa anticipación psicolóxica ao contrario ou inimigo, moita axilidade e uns bos reflexos!
Tamén era mixto.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio