leoeosseus

sábado, 28 de xuño de 2014

Poemas, notas e chaves chouchas


 
As vacacións dos nenos xa comezaron e houbo entrega de notas. O Leo sacou tan boas notas que me podo pór colorado se as publico así que non as publico.
Leo segue a ler e escribir e agora sacou a vena poeta e creou o poema " O verán ".
" Moito sol,
vacación,
días longos,
o verán chegou. "
Xela recibiu a vacina dos tres anos e nin chorou. Iso si, hoxe tivo reacción con febre e diarrea pero xa lle pasará.
O que si pasaron foi medo cando quedaron pechados os nenos no coche por andaren a xogar coas chaves e non saber abrir a porta. Menos mal que foi na casa e tiñamos a chave choucha, nome que lle fai graza a Leo e co que designamos a copia da chave do coche que só funciona manualmente. 

 
 
E o verán segue... anque sexa no calendario.

Etiquetas: , ,

5 comentarios:

Ás 00:41, 28/06/14 , Blogger J Cima D Vila dixo...

pois xa vai collendo xeito o leo co verso :) ten coidado co das chaves!

 
Ás 14:29, 28/06/14 , Anonymous peke dixo...

Chaves lonxe das mans infantís.
Fermosos versos. :)

 
Ás 21:03, 29/06/14 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Por aqui também segue o Verão. Ventoso, por vezes chuvoso.
E a netinha acaba as aulas dia 30 e depois vem para o pé da avó.
E claro eu fico feliz da vida.
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 01:25, 01/07/14 , Blogger mfc dixo...

Vamos sorrir com os dias grandes!
Um forte abraço.

 
Ás 10:43, 21/07/14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

jaja a chave choucha. Se me lembrara despois de 5 minutos máis alá, usaría eu tamén ese nome.

Quedo abraiada co Leo...! non era mala a intuición de que vai para escritor!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio