Espodando nun día revolto
Axudei a espodar vimbias para sacar " verghas " e " cimos " para atar as viñas tal como o ano pasado. O vento zoaba fóra e a trécola non tiña paraxe e de cando en vez caía do ceo unha treixada formidable. O Leo quixo mesturar os cimos coas verghas un momento pero estivo o máis do tempo a xogar coas avoas no seguro da casa. Dende alí o Leo puido observar a uns rapaces que entretiñan a súa tarde pastando unha vaca branca e dúas cabras. Eu aproveitei e aprendín a palabra " petelo " coa que define a bisavoa Celia a bóla pequena de pantrigo da foto.
Etiquetas: etnografia IV, lingua V, natureza IV
15 comentarios:
vaia, cantas palabras novas...
pero non esta ben que deixaras aquí esa bola de pan, eu a loitar cos kilos e vas ti e me pos a tentación diante... eso non se fai, home.
biquiños,
p.d.: por aquí tamén venteou de lo lindo.
Polo visto o día estivo alporizado en todo o país (incluida Compostela, a onde me levou a fin de semana).
Curiosamente fun probar o viño novo de Chantada a un restaurante ubicado no concello de Teo. Non hai como dar voltas para chegar moi perto...
Apertas
Unha bola...
Se era de dous quilos era un bolo. Se era dun quilo era bola. Se era pequecha, dun anaco de masa que quedaba nunha esquina da artesa e que se poñía a cocer na boca do forno para que a comesemos as crianzas, así quentiña, antes de sacar a fornada, era un bolico ou bolechiña.
Aprendín a amasar con meu avó e con miña nai e non hai recendo no mundo que iguale ao do pan quente, recén sacado do forno.
Bicos para Leo.
Xa non me lembro de espodar vimbias, e ben seguro que o fixen. Como cambian os tempos.
Se cadra haberá que volver a facelo...
Bo aspecto ten a bola, aínda que petelo, que non coñecía, tamén me gusta moito.
Na miña zona non había vides, polo tanto, esas actividades comencei a coñecelas agora.
Bicos
interesante,,,eu non che sabía ese nome...as bolas sempre lles chamei moletes, inda que por ser so son moletes as que teñen pirucho,Saúdos
ummmmmmm....que pinta ten ese bolo!!! NA casa do meu pai facíanse máis de centeo que de trigo.....ai!! Que delicia!!
Xa vexo que foi unha fin de semana moi entretida.
Bicos
Finde completinha!!!! Petelo, apúntome a palabra, gustoume moito....como lhe chamades ó bultinho duro que queda arriba nas bolas de pan...????na minha familia chámano biricoque.
Unha aperta!!!!!!
"petelo" non escoitara.
somentes "bolo" "bolequiño", (redondos ou algo alongados e pequenos)
"bola" (co "o" pechado)(máis plana)
molete (redondo, grandeiro e con moito miolo)
Que fogaza, por deus, que ganas de entrar na foto e darlle unha bocada
Petelo, outra cousa para aprender. COnfirmado: media hora de bloguear da máis coñecemento que unha semana de tv.
Pois non coñecía ese significado da palabra petelo.
Coñezo, si, a expresión darlle o petelo: baduar ou latricar.
Apertas.
Non sei se non deberias recopilar todos estes termos, realmente Eu nunca os lein, e facer unha aespecie de diccionario...Estaria ben.
Unha aperta.
Aldabra: gústame ensinar o que aprendo.
O petelo tiña que saír retratado, síntoo.
Chousa da Alcandra: hai que ver que voltas dá a vida.
A nena do paraugas: cantas vivenzas tés que eu non teño !.
Carlos Sousa: eu levopouco espodando pero hai que ir aprendendo que non sabemos o que nos espera.
fonsilleda: pois o petelo ten máis fotoxenia que sabor pero é o obxecto protagonista e hai que reflexalo.
An: eu tamén oíra o de moletes pero non sabía do pirucho.
HADEX: etse en concreto é de padaría. En Arbo fan panmillo na casa, nada de trigo ou centeo.
Dilaida: normaliña de todo.
vintxuca: ves ?, así tamén eu aprendo. Biricoque, pirucho...
zeltia: pois contigo tamén se aprende. Demostrado.
Kaplan: chegaches tarde. O petelo é exclusivamente para a bisavoa Celia que non pode comer codia nin pan duro.
vakastolas: por suposto.E o bó é que é interactivo.
Raposo: pois eu aprendo esa expresión,mira ti.
Angel Utrera: para iso ( eoutras cousas ) teño o blogo.
Na etiqueta lingua teño todas estas palabras e expresións almacenadas.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio