E, porén, móvese.
Neste tempo gris e apagado de xaneiro semella que nada evoluciona.
Pero si. En Vilaguindastre aínda hai xente que sabe tirar arte das súas mans e tanto pinta unha serea.
Como reproduce un tranvía a escala.
E logo o concelleiro de festexos quere montar unha Porrigalia no verán coa vila convertida na aldea gala de Asterix e Obelix. E iso que descubrín que habería mitos propios para lembrar con máis mérito.
En fin, pan e circo.
E así eu engado unha palabriña máis da zona sur de Pontevedra e aprendo que " ghalucho " aparte de comida de mala calidade significa tamén estraperlo, contrabando que se facía entre Portugal e Galicia naqueles tempos grises de Franco.
E Leo non ía ser menos e, progresando, progresando; consegue o seu primeiro dez que o puxo mui contento e gañou a sesión de cinema con " Futbolín ".
E xaneiro segue.
Etiquetas: cinema, leo IX, lingua VIII, vilaguindastre III
3 comentarios:
Parabéns para o Leo!
(E tamén para a profe Isabel, que ten letra de muller doce e garimosa)
parabéns para Leo! un dez tan noviño!
Parabéns para Leo!! Empeza moi ben e merece ser premiado.
Unha aperta
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio