De brouco e máis
Non sei se che pasará a ti pero a min tenme pasado de escuitar unha palabra e despois xa a escuitas un feixe de veces. Algo parecido pasou o sábado que escuitei de avoaM dicindo que estaba algo de " cu para arriba " e ela acostuma dicir " de brouco " para referirse a algo boca abaixo ou cu para arriba como o cesto da foto.
Foi lembrar esa expresión e no mesmo día apareceu nun blogo do sur de Pontevedra.
Pasaron máis cousas estes días como o domingo que fomos ver uhna actuación de Pablo Díaz. Foi pouca xente porque facía bo día e así despois inda fomos tomar un xelado á praia.
No día seguinte o vento levaba polo aire a farna que semellaba que nevaba.
Os coches rematan cheos desa poeira e hai que darlles unha lavadela rápida que total pouco tempo duran limpos.
E os nenos van ben. O Leo flipando co doado que é buscar palabras no diccionario e Xela progresando coa escritura e debuxo. Aquí estou eu rindo cos ollos coma montañas, Naideleo está de amarelo cunha moeda de céntimo diante e Xela de azul e Leo de verde.
Eu non sei como saín tan rideiro. Será que hoxe fago oito anos traballando na Torredocaminho ?.
Etiquetas: familia V, lingua IX, natureza VI, traballo IV, xelartista
4 comentarios:
Passei.
Deixo um abraço e votos de que estejam todos bem.
Um abraço
Noraboa por eses oito anos, eu sígote dende que tiñas o blog anterior. Daquela tiña outro traballo, e no medio pasei por máis dun par ;-)
Non é pouco tempo oito anos, non. :)
moito mellor que ningunha foto que che teña visto...!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio