leoeosseus

sábado, 6 de febreiro de 2016

A seis de febreiro



É tempo de entruido e así onte desfilaron os nenos do colexio detrás da carroza coa temática dos xogos olímpicos de Río de Janeiro.

 
 
Os de infantil ían coa bandeira olímpica e un gorro feito por eles. Así está Xela na foto.
 



Os de primaria ían con bandeiras e a Leo tocoulle a de Nova Zelandia que non se sabe se seguirá vixente despois de marzo. Despois de levar o traballo de facela porque non daba chegado por internet o Leo estivo mal case toda a semana e non  puxo o disfraz. Aparte tamén apareceu o pedido de internet e así nos xuntamos con varias bandeiras das nosas antípodas.
Iso si, o Leo quitou a espiña de disfrazarse hoxe un chisco co disfraz de Chewacca. Anque foi na casa porque fóra choveu a mares e suspenderon os desfiles.
Xa virán outras ocasións !.






Etiquetas: , , ,

3 comentarios:

Ás 06/02/16, 22:10 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Aqui o desfile das escolas foi na Sexta Feira. O tema foi Saúde Alimentação e Desporto. Há um único desfile, para todas as escolas da cidade. desde os pequeninos do infantário aos quase adultos do Secundário. Minha neta desfilou como atleta de pesos.
Pena que o Leo estivesse doente. Espero que não seja nada grave.
Por aqui há duas horas atrás também se pôs temporal. Parece que S. Pedro, não gosta do Carnaval.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 07/02/16, 13:18 , Anonymous peke dixo...

Que maiores están! Sobre todo o Leo, a quen aínda lle lembro as lorzas. Jo, como corre o tempo.

 
Ás 17/02/16, 09:58 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Xa o leo estará ben de todo...
Garda as bandeiras a ver que se vos ocorre facer con elas.
:)

Eu, este entroido, quitando as cousas de comer e lambetadas, non o vivín de portas para afora.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio