Páxinas

xoves, 27 de setembro de 2007

Primeiro aniversario do Leo



Hoxe o Leo está de primeiro aniversario. Na foto sae o naipelo coa boca larafuzada de chocolate do seu pastel de cumpreanos. Quedou abraiado vendo a candea acesa e non sabía que tiña que soprar pero aplaudiu cando aplaudimos todos. Logo meteu os dedos na torta e colleu os monecos que a adornaban. Foi para o chan e adicouse a percorrer todo agatañando a velocidade do demo. Ponse de pé e foza con todo e encántanlle as luces e farolas da rúa e adícalles sorrisos e balbuceos. Aínda non di palabras e, como muito, sáenlle diálogos estilo pelacho. O outro día estaba Ana dicíndolle " Micky " por un debuxo no gorro e Leo dicía " iki " e Ana repetía " No: Micky " e o Leíño porfiaba " kiki " e Ana outra volta con " Micky ". O Leo fartouse e respondeu: " TETA ".

Parece mentira pero xa pasou un ano dende aquel día do necoriño, e logo un mes, e dous, e tres, e catro, e cinco, e seis, e sete, e oito, e nove, e dez, e once e así ata o día de hoxe...E que haxa máis.

E iso é todo por hoxe. Graciñas de corazón ós que felicitaron a Leo.

39 comentarios:

  1. Felicidades a Leo e aos seu pais. ¿Sabes que hai unhs pilas que din que duran, e duran, e duran?.
    Pois os nenos medran, medran e medran...

    ResponderEliminar
  2. Desde Marín, muchas Felicidades para Leo y sus papás. Inés, Iago, Diego y AbuelosCrisyToño.

    ResponderEliminar
  3. Moitas felicidades a Leo e a toda a familia que son do mellor. Y en especial desexar moita sorte nestos diás!! :-). Bicos de Cris y Toño.

    ResponderEliminar
  4. Isto... este meu galego de mal en pior. E que estou facendo varias cousas á vez e ando un pouco estresada. Crispress

    ResponderEliminar
  5. Parabens ao Leo! Magoa que Slump non me programara con capacidade para lembrar datas de aniversarios...

    ResponderEliminar
  6. parabéns a você
    nesta data querida
    muitas felicidades
    muitos anos de vida

    Tenha tudo de bom
    do que a vida contem
    tenha muitos brinquedos
    e amigos também

    Hoje é dia de festa
    cantam as nossas almas
    para o bebé Leo
    Uma salva de palmas.


    E uma salva de palmas também aos felizes papás

    Um abraço

    ResponderEliminar
  7. Leo no día de hoxe debeu de gozar ben, quen quixera voltar a ser coma él, pois todo lle é novo...
    en canto o de ser filla dun rei, ui, iso si é complicado... non digo k eu sea nin que deixe de selo, o que podo contar non é moito pero o que si, e que aínda nonn volvo, poouco a pouco irase descubrindo.
    Espero que o pequeno Leo siga medrando así de ben e lle siga abraiando o mundo que lle queda por descubrir.
    moitos kiños

    ResponderEliminar
  8. P A R A B E N S!!!.

    Para Leo e por suposto tamén para os afortunados papis.

    Unha aperta para os tres.
    :)

    ResponderEliminar
  9. Pola cara do Leo, a torta tiña que estar ben boa. Parabéns ao cativo e aos papás!

    ResponderEliminar
  10. Parabéns para ese cativiño tan riseiro, cousiña linda que tedes. É verdade, que logo pasa o tempo!!!!

    ResponderEliminar
  11. Pois non vou ser menos, así que felicidades. Está gracioso con esa cara de chocolate. Debeu de pasalo moi ben. Bicos.

    ResponderEliminar
  12. ¡Que juapo se puxo! :D
    ¡Moitas felicidades ao Leo!

    ResponderEliminar
  13. Chego tarde, pero tamén me sumo aos bicos e aos parabéns para Leo. Un saúdo dende Zamora.

    ResponderEliminar
  14. Cun dia de retraso, parabéns.
    Esto non ten volta atras, en pouco pedirache as chaves do coches para levar as mozas de verbena.

    Disfrutadeo

    ResponderEliminar
  15. Parabén! para o Leo e para os pais, que desa risa que lle sae en todas fotos sodes vós os culpables.
    Apertas!

    ResponderEliminar
  16. Hola,
    tamén quero darlle os parabéns a Leo e os seus pais.

    Tamén teño un pequeno e teño a mesma sensación ca tí de que se me escapa o tempo (o meu Breogán ten 19 meses), é máis xa me parece independente de máis (o que nos queda macho)

    Un saludo e noraboa, tes un rapáz precioso

    ResponderEliminar
  17. Gente que menino lindo!!
    E a cara lambusada de chocolate ficou muito fofo!! Desejoa a ele toda felicidade do mundo e a sua familia também!! Obrigado pela visita!! Grande abraço!!

    ResponderEliminar
  18. MIL PARABÉNS!!!!!!!!!!!!!!!!
    Afortunado Leo de ter tan afortunados pais!

    ResponderEliminar
  19. Parabéns Leo, e parabéns papás, que vos aiu ben rechulés

    ResponderEliminar
  20. e de parte de sabeliña e miña, tamén os parabéns para ese pildoriquiño que se ve moi feliz degustando o chocolate.

    ResponderEliminar
  21. Pois moitas moitas felicidades a Leo e a sua familia por este primeiro ano de vida.

    ResponderEliminar
  22. Chego tarde mais PARABENNNNNNS!,Leo,que eres unha regalia do blogomillo!

    ResponderEliminar
  23. Para o neno afortunado entre os blogueiros e para os seus pais un melindre de festa grande por ese ano tan cumprido e feliz. Se a felicidade tivese cara habíase de parecer á de Leo.
    Apertas para todos vós.

    ResponderEliminar
  24. Parabens é longa vida a todos.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  25. Moitos parabéns para Leo e un tirón de orellas para os seus pais, uns túzaros que non convidan a nada.

    ResponderEliminar
  26. E estás ti preocupado porque aínda non pronuncia ben as palabras, deixa que escomence a preguntar...xa o verás como moito vas adeprender.
    Dalle bicos cantos quiera e os meus millores desexos para el.
    ¡Felicidades, Leo!

    ResponderEliminar
  27. Que cousa máis riquiña, e por riva pincho o enlace e vexoo de pequerrechiño. Felicidades a ti e o teu neniño.

    ResponderEliminar
  28. Felicidades. Qué cara de pillabán espabilado que ten o neno. Mola a foto.

    ResponderEliminar
  29. Parabéns ao Leo e aos papás e menudo rapaz que está feito.

    ResponderEliminar
  30. Moitísimas felicidades a Leo!! Mira que larpeiro é!! :D
    Que siga medrando así de san e espelido, e que ti, paideleo, nolo sigas contando.
    Biquiños e un tirón de orellas -ao xeitiño- para o pequeno.

    ResponderEliminar
  31. Moitas felicidades para ese meniño tan feitiño, e para os seus pais.
    E sobre todo que o paideleo nos siga a contar as cousiñas do Leo, e nos amose as suas fotos, para ir vixiando se o neno crece ben e todo iso,porque iste Leo eche o neno do blogomillo,
    Un biquiño.

    ResponderEliminar
  32. Sei que chego tarde, pero non por iso os meus parabéns son menos sentidos.

    Moitos bicos para ese pequeno León...

    ResponderEliminar
  33. Vou con moito retraso, seino, pero os meus parabéns para ese neno tan feituco.

    E definitivamente enamoroume co de teta... xa apunta maneiras.

    Un bico para leo e o pai

    ResponderEliminar
  34. Noraboa guapo!!! e tamén noraboa para Ana e para ti!

    ResponderEliminar
  35. Chego tardísimo, coma sempre, pero deixo desde aquí a miña felicitación para o Leo. Qué envexa, poder darlle así a torta de chocolate :)
    Apertas.

    ResponderEliminar
  36. Chego tardísimo, coma sempre, pero deixo desde aquí a miña felicitación para o Leo. Qué envexa, poder afartarse así de chocolate :D.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  37. Aínda as hai que chegamos máis tarde, pero o cariño é inmenso.
    Que ganas de chocolate!
    Que rápido pasou o ano!
    Apertas para toda a familia.

    ResponderEliminar
  38. Parabéns retrasados!o meu foi o 29!

    ResponderEliminar
  39. Tardísimo chegamos...xa sabes por qué. Graciñas e parabéns ao pequecho

    ResponderEliminar

És humano ti ?