Primeiro aniversario do Leo
Hoxe o Leo está de primeiro aniversario. Na foto sae o naipelo coa boca larafuzada de chocolate do seu pastel de cumpreanos. Quedou abraiado vendo a candea acesa e non sabía que tiña que soprar pero aplaudiu cando aplaudimos todos. Logo meteu os dedos na torta e colleu os monecos que a adornaban. Foi para o chan e adicouse a percorrer todo agatañando a velocidade do demo. Ponse de pé e foza con todo e encántanlle as luces e farolas da rúa e adícalles sorrisos e balbuceos. Aínda non di palabras e, como muito, sáenlle diálogos estilo pelacho. O outro día estaba Ana dicíndolle " Micky " por un debuxo no gorro e Leo dicía " iki " e Ana repetía " No: Micky " e o Leíño porfiaba " kiki " e Ana outra volta con " Micky ". O Leo fartouse e respondeu: " TETA ".
Parece mentira pero xa pasou un ano dende aquel día do necoriño, e logo un mes, e dous, e tres, e catro, e cinco, e seis, e sete, e oito, e nove, e dez, e once e así ata o día de hoxe...E que haxa máis.
E iso é todo por hoxe. Graciñas de corazón ós que felicitaron a Leo.
Etiquetas: leo II
39 comentarios:
Felicidades a Leo e aos seu pais. ¿Sabes que hai unhs pilas que din que duran, e duran, e duran?.
Pois os nenos medran, medran e medran...
Desde Marín, muchas Felicidades para Leo y sus papás. Inés, Iago, Diego y AbuelosCrisyToño.
Moitas felicidades a Leo e a toda a familia que son do mellor. Y en especial desexar moita sorte nestos diás!! :-). Bicos de Cris y Toño.
Isto... este meu galego de mal en pior. E que estou facendo varias cousas á vez e ando un pouco estresada. Crispress
Parabens ao Leo! Magoa que Slump non me programara con capacidade para lembrar datas de aniversarios...
parabéns a você
nesta data querida
muitas felicidades
muitos anos de vida
Tenha tudo de bom
do que a vida contem
tenha muitos brinquedos
e amigos também
Hoje é dia de festa
cantam as nossas almas
para o bebé Leo
Uma salva de palmas.
E uma salva de palmas também aos felizes papás
Um abraço
Leo no día de hoxe debeu de gozar ben, quen quixera voltar a ser coma él, pois todo lle é novo...
en canto o de ser filla dun rei, ui, iso si é complicado... non digo k eu sea nin que deixe de selo, o que podo contar non é moito pero o que si, e que aínda nonn volvo, poouco a pouco irase descubrindo.
Espero que o pequeno Leo siga medrando así de ben e lle siga abraiando o mundo que lle queda por descubrir.
moitos kiños
P A R A B E N S!!!.
Para Leo e por suposto tamén para os afortunados papis.
Unha aperta para os tres.
:)
Pola cara do Leo, a torta tiña que estar ben boa. Parabéns ao cativo e aos papás!
Parabéns para ese cativiño tan riseiro, cousiña linda que tedes. É verdade, que logo pasa o tempo!!!!
Pois non vou ser menos, así que felicidades. Está gracioso con esa cara de chocolate. Debeu de pasalo moi ben. Bicos.
¡Que juapo se puxo! :D
¡Moitas felicidades ao Leo!
Chego tarde, pero tamén me sumo aos bicos e aos parabéns para Leo. Un saúdo dende Zamora.
Cun dia de retraso, parabéns.
Esto non ten volta atras, en pouco pedirache as chaves do coches para levar as mozas de verbena.
Disfrutadeo
Parabén! para o Leo e para os pais, que desa risa que lle sae en todas fotos sodes vós os culpables.
Apertas!
Hola,
tamén quero darlle os parabéns a Leo e os seus pais.
Tamén teño un pequeno e teño a mesma sensación ca tí de que se me escapa o tempo (o meu Breogán ten 19 meses), é máis xa me parece independente de máis (o que nos queda macho)
Un saludo e noraboa, tes un rapáz precioso
Gente que menino lindo!!
E a cara lambusada de chocolate ficou muito fofo!! Desejoa a ele toda felicidade do mundo e a sua familia também!! Obrigado pela visita!! Grande abraço!!
MIL PARABÉNS!!!!!!!!!!!!!!!!
Afortunado Leo de ter tan afortunados pais!
Parabéns Leo, e parabéns papás, que vos aiu ben rechulés
e de parte de sabeliña e miña, tamén os parabéns para ese pildoriquiño que se ve moi feliz degustando o chocolate.
Pois moitas moitas felicidades a Leo e a sua familia por este primeiro ano de vida.
Chego tarde mais PARABENNNNNNS!,Leo,que eres unha regalia do blogomillo!
Para o neno afortunado entre os blogueiros e para os seus pais un melindre de festa grande por ese ano tan cumprido e feliz. Se a felicidade tivese cara habíase de parecer á de Leo.
Apertas para todos vós.
Parabens é longa vida a todos.
Unha aperta
Moitos parabéns para Leo e un tirón de orellas para os seus pais, uns túzaros que non convidan a nada.
E estás ti preocupado porque aínda non pronuncia ben as palabras, deixa que escomence a preguntar...xa o verás como moito vas adeprender.
Dalle bicos cantos quiera e os meus millores desexos para el.
¡Felicidades, Leo!
Que cousa máis riquiña, e por riva pincho o enlace e vexoo de pequerrechiño. Felicidades a ti e o teu neniño.
Felicidades. Qué cara de pillabán espabilado que ten o neno. Mola a foto.
Parabéns ao Leo e aos papás e menudo rapaz que está feito.
Moitísimas felicidades a Leo!! Mira que larpeiro é!! :D
Que siga medrando así de san e espelido, e que ti, paideleo, nolo sigas contando.
Biquiños e un tirón de orellas -ao xeitiño- para o pequeno.
Moitas felicidades para ese meniño tan feitiño, e para os seus pais.
E sobre todo que o paideleo nos siga a contar as cousiñas do Leo, e nos amose as suas fotos, para ir vixiando se o neno crece ben e todo iso,porque iste Leo eche o neno do blogomillo,
Un biquiño.
Sei que chego tarde, pero non por iso os meus parabéns son menos sentidos.
Moitos bicos para ese pequeno León...
Vou con moito retraso, seino, pero os meus parabéns para ese neno tan feituco.
E definitivamente enamoroume co de teta... xa apunta maneiras.
Un bico para leo e o pai
Noraboa guapo!!! e tamén noraboa para Ana e para ti!
Chego tardísimo, coma sempre, pero deixo desde aquí a miña felicitación para o Leo. Qué envexa, poder darlle así a torta de chocolate :)
Apertas.
Chego tardísimo, coma sempre, pero deixo desde aquí a miña felicitación para o Leo. Qué envexa, poder afartarse así de chocolate :D.
Apertas.
Aínda as hai que chegamos máis tarde, pero o cariño é inmenso.
Que ganas de chocolate!
Que rápido pasou o ano!
Apertas para toda a familia.
Parabéns retrasados!o meu foi o 29!
Tardísimo chegamos...xa sabes por qué. Graciñas e parabéns ao pequecho
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio