leoeosseus

xoves, 27 de setembro de 2007

Primeiro aniversario do Leo



Hoxe o Leo está de primeiro aniversario. Na foto sae o naipelo coa boca larafuzada de chocolate do seu pastel de cumpreanos. Quedou abraiado vendo a candea acesa e non sabía que tiña que soprar pero aplaudiu cando aplaudimos todos. Logo meteu os dedos na torta e colleu os monecos que a adornaban. Foi para o chan e adicouse a percorrer todo agatañando a velocidade do demo. Ponse de pé e foza con todo e encántanlle as luces e farolas da rúa e adícalles sorrisos e balbuceos. Aínda non di palabras e, como muito, sáenlle diálogos estilo pelacho. O outro día estaba Ana dicíndolle " Micky " por un debuxo no gorro e Leo dicía " iki " e Ana repetía " No: Micky " e o Leíño porfiaba " kiki " e Ana outra volta con " Micky ". O Leo fartouse e respondeu: " TETA ".

Parece mentira pero xa pasou un ano dende aquel día do necoriño, e logo un mes, e dous, e tres, e catro, e cinco, e seis, e sete, e oito, e nove, e dez, e once e así ata o día de hoxe...E que haxa máis.

E iso é todo por hoxe. Graciñas de corazón ós que felicitaron a Leo.

Etiquetas:

39 comentarios:

Ás 22:55, 27/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Felicidades a Leo e aos seu pais. ¿Sabes que hai unhs pilas que din que duran, e duran, e duran?.
Pois os nenos medran, medran e medran...

 
Ás 23:29, 27/09/07 , Blogger mamiago dixo...

Desde Marín, muchas Felicidades para Leo y sus papás. Inés, Iago, Diego y AbuelosCrisyToño.

 
Ás 23:37, 27/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Moitas felicidades a Leo e a toda a familia que son do mellor. Y en especial desexar moita sorte nestos diás!! :-). Bicos de Cris y Toño.

 
Ás 23:39, 27/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Isto... este meu galego de mal en pior. E que estou facendo varias cousas á vez e ando un pouco estresada. Crispress

 
Ás 23:47, 27/09/07 , Blogger Arale Norimaki dixo...

Parabens ao Leo! Magoa que Slump non me programara con capacidade para lembrar datas de aniversarios...

 
Ás 23:56, 27/09/07 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

parabéns a você
nesta data querida
muitas felicidades
muitos anos de vida

Tenha tudo de bom
do que a vida contem
tenha muitos brinquedos
e amigos também

Hoje é dia de festa
cantam as nossas almas
para o bebé Leo
Uma salva de palmas.


E uma salva de palmas também aos felizes papás

Um abraço

 
Ás 00:33, 28/09/07 , Blogger elfiña dos soños dixo...

Leo no día de hoxe debeu de gozar ben, quen quixera voltar a ser coma él, pois todo lle é novo...
en canto o de ser filla dun rei, ui, iso si é complicado... non digo k eu sea nin que deixe de selo, o que podo contar non é moito pero o que si, e que aínda nonn volvo, poouco a pouco irase descubrindo.
Espero que o pequeno Leo siga medrando así de ben e lle siga abraiando o mundo que lle queda por descubrir.
moitos kiños

 
Ás 02:21, 28/09/07 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

P A R A B E N S!!!.

Para Leo e por suposto tamén para os afortunados papis.

Unha aperta para os tres.
:)

 
Ás 10:12, 28/09/07 , Blogger Elianinha dixo...

Pola cara do Leo, a torta tiña que estar ben boa. Parabéns ao cativo e aos papás!

 
Ás 10:44, 28/09/07 , Blogger leco dixo...

Parabéns para ese cativiño tan riseiro, cousiña linda que tedes. É verdade, que logo pasa o tempo!!!!

 
Ás 11:43, 28/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois non vou ser menos, así que felicidades. Está gracioso con esa cara de chocolate. Debeu de pasalo moi ben. Bicos.

 
Ás 12:01, 28/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

¡Que juapo se puxo! :D
¡Moitas felicidades ao Leo!

 
Ás 12:53, 28/09/07 , Blogger Veloso dixo...

Chego tarde, pero tamén me sumo aos bicos e aos parabéns para Leo. Un saúdo dende Zamora.

 
Ás 12:54, 28/09/07 , Blogger Unknown dixo...

Cun dia de retraso, parabéns.
Esto non ten volta atras, en pouco pedirache as chaves do coches para levar as mozas de verbena.

Disfrutadeo

 
Ás 13:06, 28/09/07 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Parabén! para o Leo e para os pais, que desa risa que lle sae en todas fotos sodes vós os culpables.
Apertas!

 
Ás 14:08, 28/09/07 , Blogger Antonio Olives dixo...

Hola,
tamén quero darlle os parabéns a Leo e os seus pais.

Tamén teño un pequeno e teño a mesma sensación ca tí de que se me escapa o tempo (o meu Breogán ten 19 meses), é máis xa me parece independente de máis (o que nos queda macho)

Un saludo e noraboa, tes un rapáz precioso

 
Ás 15:10, 28/09/07 , Blogger Joyce dixo...

Gente que menino lindo!!
E a cara lambusada de chocolate ficou muito fofo!! Desejoa a ele toda felicidade do mundo e a sua familia também!! Obrigado pela visita!! Grande abraço!!

 
Ás 15:24, 28/09/07 , Blogger O Breogán de Gáidil dixo...

MIL PARABÉNS!!!!!!!!!!!!!!!!
Afortunado Leo de ter tan afortunados pais!

 
Ás 16:12, 28/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Parabéns Leo, e parabéns papás, que vos aiu ben rechulés

 
Ás 18:01, 28/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

e de parte de sabeliña e miña, tamén os parabéns para ese pildoriquiño que se ve moi feliz degustando o chocolate.

 
Ás 19:34, 28/09/07 , Blogger Pau dixo...

Pois moitas moitas felicidades a Leo e a sua familia por este primeiro ano de vida.

 
Ás 21:20, 28/09/07 , Blogger Torreira dixo...

Chego tarde mais PARABENNNNNNS!,Leo,que eres unha regalia do blogomillo!

 
Ás 23:16, 28/09/07 , Blogger busto.agolada dixo...

Para o neno afortunado entre os blogueiros e para os seus pais un melindre de festa grande por ese ano tan cumprido e feliz. Se a felicidade tivese cara habíase de parecer á de Leo.
Apertas para todos vós.

 
Ás 23:28, 28/09/07 , Blogger Alexan dixo...

Parabens é longa vida a todos.
Unha aperta

 
Ás 01:36, 29/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Moitos parabéns para Leo e un tirón de orellas para os seus pais, uns túzaros que non convidan a nada.

 
Ás 12:02, 29/09/07 , Blogger Paco Penas dixo...

E estás ti preocupado porque aínda non pronuncia ben as palabras, deixa que escomence a preguntar...xa o verás como moito vas adeprender.
Dalle bicos cantos quiera e os meus millores desexos para el.
¡Felicidades, Leo!

 
Ás 16:07, 29/09/07 , Blogger Fada Branca dixo...

Que cousa máis riquiña, e por riva pincho o enlace e vexoo de pequerrechiño. Felicidades a ti e o teu neniño.

 
Ás 09:30, 30/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Felicidades. Qué cara de pillabán espabilado que ten o neno. Mola a foto.

 
Ás 14:07, 30/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Parabéns ao Leo e aos papás e menudo rapaz que está feito.

 
Ás 17:07, 30/09/07 , Blogger *Sara dixo...

Moitísimas felicidades a Leo!! Mira que larpeiro é!! :D
Que siga medrando así de san e espelido, e que ti, paideleo, nolo sigas contando.
Biquiños e un tirón de orellas -ao xeitiño- para o pequeno.

 
Ás 21:04, 01/10/07 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Moitas felicidades para ese meniño tan feitiño, e para os seus pais.
E sobre todo que o paideleo nos siga a contar as cousiñas do Leo, e nos amose as suas fotos, para ir vixiando se o neno crece ben e todo iso,porque iste Leo eche o neno do blogomillo,
Un biquiño.

 
Ás 21:42, 02/10/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Sei que chego tarde, pero non por iso os meus parabéns son menos sentidos.

Moitos bicos para ese pequeno León...

 
Ás 00:19, 04/10/07 , Blogger A Conxurada dixo...

Vou con moito retraso, seino, pero os meus parabéns para ese neno tan feituco.

E definitivamente enamoroume co de teta... xa apunta maneiras.

Un bico para leo e o pai

 
Ás 02:11, 04/10/07 , Blogger torredebabel dixo...

Noraboa guapo!!! e tamén noraboa para Ana e para ti!

 
Ás 00:38, 05/10/07 , Blogger Hai Cada dixo...

Chego tardísimo, coma sempre, pero deixo desde aquí a miña felicitación para o Leo. Qué envexa, poder darlle así a torta de chocolate :)
Apertas.

 
Ás 00:38, 05/10/07 , Blogger Hai Cada dixo...

Chego tardísimo, coma sempre, pero deixo desde aquí a miña felicitación para o Leo. Qué envexa, poder afartarse así de chocolate :D.
Apertas.

 
Ás 10:33, 06/10/07 , Blogger X dixo...

Aínda as hai que chegamos máis tarde, pero o cariño é inmenso.
Que ganas de chocolate!
Que rápido pasou o ano!
Apertas para toda a familia.

 
Ás 22:06, 06/10/07 , Blogger a.ma dixo...

Parabéns retrasados!o meu foi o 29!

 
Ás 23:52, 06/10/07 , Blogger bouzafria dixo...

Tardísimo chegamos...xa sabes por qué. Graciñas e parabéns ao pequecho

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio