Precisamos cores
No choio botaron ao xefe. Non daba feito. A fábrica é vella e chea de remendos e somos poucos e a metade deles aprendendo aínda. Non sei como fará o novo xefe que empeza o luns pero seguro que hai cambios e algún poderá ir ao paro e ninguén está libre.
Menos mal que está o veciño xubilado para darlle cor ao ambiente.
Etiquetas: traballo VII
