leoeosseus

domingo, 12 de xaneiro de 2020

Xadrez en Mondariz


Onte Xela competiu en Mondariz xogando ao xadrez coma os elefantes asiáticos do cadro que non xogan ao dominó como dixo erróneamente - supoño-  unha nai dun xogador.


Foms tomar un café a un sitio bonito con tenda de produtos ecolóxicos e artesanais e coa típica bici antiga na porta.
Enfrente había un esteo de viña cun L de aprendiz. Tarde aprende que a viña está a monte.

 
 
A competición era nun hotel onde o Papa Noel aínda non baixara das letras do tellado. Nun salón había unha mostra de Lego onde había que atopar figuras nese minimundo.
Xela obtivo un bo resultado anque os Reis que viñeron ao sorteo final de xoguetes non lle deron un xoguete.
Tense que afacer a que non vai conseguir todo o que queira.


Etiquetas: ,

venres, 10 de xaneiro de 2020

Costas e virus


Empecei o ano malo do estómago. Supoño que serían as navallas ou un virus. Virus que tamén ten o ordenador. O meu virus xa pasou pero o do ordenador vai a máis.
E co ano empezaron as costas coa suba do pan e máis sorpresas que toparemos polo camiño.
Polo menos os Reis deixaron libros para distraer !.

Etiquetas: ,