leoeosseus

venres, 14 de decembro de 2018

Boas Festas a todos !


Hoxe volvín ao traballo despois de máis de dúas semanas de vacacións e non tiña muita gana, a verdade sexa dita. Pero un camioneiro regaloume un décimo e a oficinista deume a caixa de aguinaldo da empresa e xa me mudou un chisco o humor.
Agora quedan uns días intensos de mudanza e todo o que significa iso. Tamén cambiaremos a conexión de teléfono e non sei cando volverei escribir.
Así que, por se ascaso, Boas Festas a todos dende a Trasnolandia de Vilaguindastre !.

Etiquetas:

domingo, 9 de decembro de 2018

Entre desastres


Mentres a maioría anda coa ilusión do Nadal e fantasiando sobre a lotaría, outros non o pasan tan ben.
Unha veciña tivo un incendio na súa casa e quedou na rúa. Xa lle ardera un piso hai muitos anos e é que nunca tivo sorte na vida que andou tirada dende nena e de maior tivo problemas con drogas.


 
Outra veciña e ademáis amiga está hospitalizada onde está a estatua da foto. Apareceulle unha polineurite e ten unha recuperación lenta despois da parálise case total. Pásao mal porque é unha muller mui activa e estaba a cuidar dos pais pero non perdeu o humor e seguro que logo recupera anque este ano vai comer as uvas no hospital.
 

Ánimo e que a ilusión deste tempo non decaia !.

Etiquetas:

xoves, 6 de decembro de 2018

Adornando o Nadal 2018

 
 
Onte Vilaguindatre encendeu as luces. O acto perdeu vistosidade porque choveu e o concello non tivo a ben montar unha carpa ou un toldo para acubillar aos nenos que cantaron coas Maimiñas. Os músicos e nenos tiveron que arrexuntarse debaixo dos soportais do concello e o público apretarse coma puidemos. Xela cantaba e non logrei unha foto nin vídeo decente onde saíse ela.


Os adornos están ben e este ano en vez de pingüins puxeron unha chea de elfos e un oso polar grande que aínda non retratei.

 
E hoxe fomos a Vigo a admirar as luces que se miran dende o espazo e que son envexa dos alcaldes de todo o mundo.
O día estaba quente e había unha marabunta de xente por todas partes.
 


 
Fomos cear á Praza Elíptica e fotografei unha obra de arte feita cun carro de bois transformado nun tiracroios ou catapulta enorme.
 



Tamén estaban montando unha vila de Playmobil con concello, tendas, gasolineira, edificios, unha igrexa e ata un cemiterio !.
E así imos entrando neste Nadal.

Etiquetas: ,