leoeosseus

domingo, 27 de xaneiro de 2019

Nonaxésimo primeiro mes ( e mais catro días )

 
 
Xela medra e medran as súas habilidades. Empeza a tocar a guitarra, cambiou de escola de xadrez pero segue. Agora aprende linguaxe de signos e segue indo a ioga. Bueno, que fai de todo e non se queixa.
A semana pasada tivo unha festa de pixamas cos amiguiños e estiveron de leria ata as cinco da mañá !. Tamén Leo tivo a súa festa esta víspera e remataron ás cinco da mañá para escándalo da veciña.
Volvendo a Xela, ela segue sen comer muito pero activa cen por cen co seu patinete polo salón adiante e debuxando cada vez millor.



Etiquetas:

domingo, 13 de xaneiro de 2019

Case un mes

 
 
Case un mes sen publicar e case sen visitar a interrede que só a consultei para mirar que me tocou pagar e non cobrar a lotaría de Nadal.
A mudanza e a súa parafernalia ao redor ocupou case todo o tempo. Pero aínda houbo tempo para mirar actuar a Xela na repetición do concerto de prendido das luces de Vilaguindastre. Tamén visitei as terras veciñas de Acedre para despedir unha familiar que me encheu de bos recordos a infancia.
Houbo xantar da empresa, despedida con uvas e Leo despediu o ano tamén polas Canarias. Houbo bingo familiar e fogos no Barriño. Os nenos tiveron os seus agasallos ben merecidos polas súas notas e o Nadal marchou case sen decatarnos e case sen adornar a nova casa.


Agora a ver se volvo coller o ritmo blogueiro.

Etiquetas: ,